sábado, 9 de novembro de 2019

Acendemos as luces

O xoves 7 de novembro, dentro das actividades de Novembro mes da ciencia en galego, desenvolveuse na BiblioLab a primeira xornada dos VenreXperimentos. Nesta ocasión puidemos xogar, aprender e descubrir sobre a electricidade.

Nas mesas da BiblioLab había tarxetas nas que se propoñía a resolución de distintos retos como podía ser acender unha bombilla, poñer en funcionamento un motor, tamén practicamos cos circuítos electrónicos utilizando as placas de prototipado, neste proceso puideron ver como se monta un circuíto en serie, en paralelo desde a experimentación, as consecuencias que ten a utilización de resistencias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario