xoves, 27 de xuño de 2019

Recomendacións de verán


A biblioteca EPB pechou as súas portas, pero podedes atopar as novidades da guía, e moitos libros máis, na Biblioteca Municipal de Los Rosales. Estanvos agardando!

mércores, 26 de xuño de 2019

As mochilas volveron...

Photo by Tyler Nix on Unsplash
Rematou a viaxe das mochilas que percorreron os fogares do alumnado de 5º de E.P. Durante o verán descansarán na biblioteca agardando comezar un novo roteiro con diversos contidos no próximo curso.

luns, 24 de xuño de 2019

Premios dos Leóns dourados

O pasado xoves entregáronse os premios dos "Leóns dourados" aos lectores/as  de primaria que máis fondos levaron prestados da biblioteca.

domingo, 23 de xuño de 2019

Libros para ver o mundo

Esta é a guía de recomendacións de lecturas para estas datas que fai o Equipo de Biblioteca do CEIP Emilia Pardo Bazán. Todas estas obras están presentes e  á vosa disposición na Biblioteca do centro.

domingo, 2 de xuño de 2019

Diálogos ao aire libre

Na derradeira sesión de diálogo na biblioteca, o pasado martes 28 de maio, xs do primeiro ciclo dialogaron sobre a nova das manifestacións que apoian a proposta de Greta Thumberg ante a falta de medidas contra o cambio climático. 

Falaron dos seus DEREITOS a estar informadxs do que sucede no mundo e tamén dos seus DEBERES: pequenas accións que deberían converterse nun hábito e que axudarían a coidar do noso planeta, entre elas a proposta de Educación Infantil de axardinar o noso colexio.

mércores, 29 de maio de 2019

Avaliación do curso

Queremos agradecer a todas as familias que participaron na enquisa de valoración do labor ao longo do curso do equipo de biblioteca.
Tomamos nota daqueles aspectos que temos que mellorar e tamén das suxestións que nos fixestes.
A continuación podedes consultar o resumo das respostas que nos distes. Moitas grazas.

George´s marvellous medicine


The last reading in our Book Club for this school year is "George´s marvellous medicine", by Roald Dahl, one of the most popular and successful children´s authors. Born in Wales, he started to write books after a serious flying accident. His stories are still enjoyed by millions of kids around the world, and many have been turned into films, plays and musicals, such as "Matilda", "Charlie and the chocolate factory" or "The witches".

domingo, 12 de maio de 2019

Dialogamos en primavera

Na sesión de diálogos filosóficos do venres 10 de maio estivemos falando sobre o medo e aquilo que o causa. Para finalizar debuxaron unha escena na que non había medos, nas obras que crearon sobre todo había ledicia.