A próxima semana comezaremos o concurso "Libros que alimentan" no que cada semana propoñeremos unha pregunta relacionada coa alimentación, a resposta terase que buscar nos libros relacionados co P.D.I. “Sabor e saber”, que están situados na exposición permanente na entrada e no interior da biblioteca. As respostas estarán nalgún dos libros desta exposición. Ademais da pregunta haberá algunha pista como poderá ser o título do libro, o teixo ou unha imaxe da cuberta.Poderase participar de xeito individual, parellas, grupos de cinco ou aula. Os puntos compartiranse nos grupos, parellas e aula, sendo os mesmos que de xeito individual.
Se a resposta fose correcta sumarase un punto, se ademais se cita o libro correctamente (Autor/a / Título/ Editorial) sumarase un segundo punto.







