domingo, 28 de novembro de 2021

Mochila robótica

Mañá saen na súa primeira viaxe as "Mochilas robóticas" e con este nome xa saberedes que conteñen... efectivamente, queremos promover a introdución dunha nova linguaxe entre o alumnado de 2º de EP. Facilitarlle aos nenos/as destes cursos os recursos para iniciarse na programación e desenvolver o pensamento computacional, pero sen olvidarnos da lectura tanto de ficción como de non ficción.
Esta actividade está dentro das iniciativas que desenvolvemos dentro do programa Biblioteca Creativa no que continúa a biblioteca escolar do colexio.
As mochilas conteñen:
"Hola ruby" de Linda Liukas editado por Destino. Podedes acceder a actividades en liña nesta ligazón.
Libro de ficción, dependendo da mochila:
    - Tekis de Gómez editado por Nube Ocho
    - El robot del bosque de Coppons & Fortuny editado por Combel
    - Ese robot soy yo de Shinsuke Yoshitake editado por Libros del Zorro Rojo
Libro de pensamento computacional "Paseando co EscornaEmilia" coas fichas necesarias para a súa utilización.
Taboleiro en branco para utilizar co robot.
Robot escornabot.
Caderno para expresar e mostrarnos a vosa experiencia.
Instrucións de uso básico do escornabot.

Agardamos que gocedes co material que estará de luns a venres nas vosas casas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario