O próximo xoves 25 de abril realizarase a primeira xornada de obradoiros de Lectura e familias na que contaremos con Dores Tembrás para que nos axude a introducir a poesía nas nosas casas. Esta actividade está aberta a alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria, que deberá vir acompañado dun adulto a esta actividade, na que tamén se realizará un produto creativo, polo que teredes que traer o material que se indica. Hai 15 prazas para alumnado, para inscribirse haberá que cubrir este formulario.
Este obradoiro, desenvolvido por Dores Tembrás,
 céntrase na relación do individuo coa natureza. Aquí partimos dun 
recoñecemento sobre o territorio e apoiándonos no tempo (os ciclos ou 
estacións) faise a proposta de escrita. O enunciado é sinxelo pero 
desafiante: escribir dende o punto de vista dun elemento natural: son 
unha folla, unha flor, un paxaro... e a través de preguntas conducir a 
escrita. O obxectivo é que entre a familia e o alumn* compoñan un breve 
texto, no que palpite o seu vínculo coa natureza. Este será o primeiro 
paso para facer un paxariño de cartón ao que grampar o poema. Resultando
 unha peza artística na que a palabra enriquece o visual e viceversa.
Materiais necesarios:
- Papel
 - Lapis
 - Tesouras
 - Rolos de papel hixiénico ou cociña (un por participante)
 - Papel estampado
 - Colorete rosa
 - Grampadora
 - Pistola de cola quente
 - Rotuladores negro
 

Ningún comentario:
Publicar un comentario