domingo, 12 de febreiro de 2023

Postal da amizade


No club de lectura "Viaxeiros por papel", estiveron lendo o libro Lena, Theo y el mar escrito por Maria Parr, para dar a coñecer esta obra Xiana e Carlota propuxeron ao alumnado de 1º e 3º de EP realizar unha "Postal da amizade", así o luns 13 e o martes 14 desenvolverán este obradoiro na biblioteca no que poñerán en valor a amizade que tan ben representan Lena e Theo.

As inscricións abríronse o venres e todas as prazas dispoñibles están esgotadas. Nesta entrada incluiremos todas as imaxes dos talleres creativos de postais.

Moitas grazas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario