xoves, 14 de outubro de 2021

Bolboretas lectoras

Hoxe desenvolveuse na biblioteca a primeira sesión do club de lectura de 6º de EP "Bolboretas lectoras". Viñeron as bibliotecarias da BM Los Rosales para facer a presentación do libro que comezarán a ler, coa súa habitual creatividade acudiron acompañadas dunhas personaxes saídas do libro "Alicia no País das Maravillas". O libro co que comezaremos o club será "Prohibido leer a Lewis Carroll" escrito por Diego Arboleda e ilustrado por Raúl Sagospe.

A sesión comezou coa presentación de Ana e a lectura de Lilí das aventuras de Alicia na versión de Lewis Carroll, despois os nenos/as recibiron unha mensaxe de Marta, outra das bibliotecarias, que presentou o recuncho do club na biblioteca de Los Rosales e co que poden coñecer outras obras relacionadas con esta lectura. Clara leunos o pregón que escribiu Diego Arboleda con motivo do Día das Bibliotecas na edición de 2015 e que cada neno recibiu como agasallo.


Os libros, que nos prestaron as bibliotecas municipais e a biblioteca escolar do IES Agra do Orzán (A Coruña), xa están nas mans das bolboretas e para finalizar a sesión dialogaron sobre as hipóteses que xurdiron despois da introdución do libro e as ilustracións das personaxes que pronto descubrirán.

Bolboretas a voar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario