xoves, 8 de abril de 2021

Bolboretas lectoras

Mentres o club de lectura "Viaxeiros por papel" continúa coa lectura de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta escrito por Ledicia Costas e editado por Xerais, o grupo de 5º de E.P. xa ten nome, as "Bolboretas lectoras". Estas nenas comezaron unha nova obra, trátase de Destellos escrito por Jen Wang e editado por Sapristi cómics. Esta premiada novela gráfica, que nos demostrará a importancia e o valor da amizade, será nas próximas semanas centro das conversas do club.

Para introducir o libro as nenas recibiron a visita de Marta e Ana, bibliotecarias da B.M. Los Rosales, que a través dun panel elaborado por elas, explicaron distintas características dos cómics e compartiron coas "bolboretas" o álbum Amigas, de Lauren Ace e Jenny Lovelie editado por Maeva.


Quen ben o pasamos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario