luns, 14 de outubro de 2019

Xa estamos aquí!

Photo by Alex Holyoake on Unsplash
Hoxe abriron as portas dos dous espazos que ten a biblioteca no centro, tanto no segundo andar, como na planta baixa xa podedes gozar da lectura dos distintos tipos de textos que atoparedes como informativos, poesía, contos, cómic, entre outros, pero tamén podedes crear contos, utilizar os audiolibros, os xogos de mesa, os robots, construír, crear, desenvolver actividades artísticas e sensoriais... en definitiva, tedes á vosa disposición numerosos recursos que favorecen a aprendizaxe.
O equipo de voluntarios leva dúas semanas formándose para poder axudarnos a xestionar a biblioteca e axudarvos a utilizala, por este motivo queremos darlle os nosos parabéns polo seu esforzo e animarvos a que se necesitades algo ou queredes que vos recomenden algunha lectura non dubidedes en preguntarlles.
Lembramos que tamén estará aberta todas as tardes de martes a venres de 16  18h.
Deixamos a guía de usuario actualizada para que coñezades os espazos e as normas básicas de uso.


Ningún comentario:

Publicar un comentario