domingo, 12 de maio de 2019

Os libros que nos guían

En abril, durante a semana do libro, desenvolvemos distintas iniciativas, entre as que destacamos a exposición dos libros que marcaron aos mestres/as dalgún xeito, ben porque foron os seus preferidos cando tiñan a vosa idade ou porque tiveron moita importancia nalgún momento da súa vida, quedou unha selección ben xeitosa!

Os alumnos/as, tanto os de educación infantil, como os de educación primaria, tamén puideron deixar no mural que colocamos na entrada do centro os seus libros favoritos, quedando unha recompilación de libros recomendados polos vosos compañeiros/as e que moitos deles podedes atopalos na nosa biblioteca.
Durante a semana, nos diferentes momentos en que soaba música para saír ou entrar, reproducíronse cancións relacionadas cos libros a través da megafonía do centro.
Como aínda nos quedan ocos, queremos pedirlle ás familias que se o desexan poden escribir o seu libro favorito de literatura infantil e xuvenil nalgún dos papeis que aínda quedan libres para configurar un listado de recomendacións completo. Animádevos e compartide as vosas obras preferidas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario