luns, 25 de marzo de 2019

Mar Benegas na Biblioteca EPB

O pasado xoves 21 de marzo celebramos o día da poesía na Biblioteca EPB recibindo á poetisa Mar Benegas. Compartiu a mañá cos nenos/as de 2º de E.P. Recitaron poemas e se divertiron xogando coa poesía, ademais de comprender que está presente nas súas vidas cotiás.

Os nenos/as de 6º de E.I. recitaron uns pareados que tiñan preparados desde hai tempo e entregáronllos nun libro á poetisa como lembranza da súa visita. Os nenos/as de 2º de E.P. tamén lle entregaron os seus agasallos desta admirada autora, entre eles un abrazo moi, moi longo que levou con ela para casa.
Do mesmo xeito, o centro quixo agradecer a súa visita cuns recordos que entregaron as titoras dos cursos de 2º de Primaria.
Viva a poesía!,

Ningún comentario:

Publicar un comentario