mércores, 19 de decembro de 2018

Vós contades!

Esta semana achegáronse á Biblioteca Nerea e Blanca, nais de alumnas/os do centro, para compartir unhas lecturas cos nenos/as de 6º de E.I. e 1º de E.P.


O luns Nerea, coa axuda de Unai, narrou "La Navidad de Nono", escrito por Marie Tibi, ilustrado por Fabien Öckto Lambert  e editado por Astronave, aos nenos/as de 6º de E.I., despois dialogaron sobre o tema do libro.

O mércores, Blanca, acompañada das tartarugas Artur e Clementina, compartiu  a súa historia co alumnado de 1º de E.P. A continuación debuxaron os lugares onde cren que están as dúas tartarugas. Artur e Clementina está escrito por Adela Turín, ilustrado por Nella Bosnia e editado por Kalandraka.
Agradecemos a vosa visita e agardamos novas colaboracións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario