luns, 24 de decembro de 2018

Torneo de xadrez

O pasado xoves celebrouse na biblioteca un Torneo de Xadrez na que 36 nenos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participaron neste evento organizado polo mestre do centro Pedro e á que tamén asistiron representantes da Asociación Galega de Xadrecistas.
Durante máis de hora e media xogáronse partidas entre os alumnos/as do centro, levando cada un medallas ou trofeos pola súa participación.
Unha xornada divertida co deporte do xadrez para rematar o trimestre na biblioteca.
No próximo ano esperamos volver ver as pezas moverse enriba dos taboleiros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario