mércores, 19 de decembro de 2018

O nadal é máxico para ler!


Esta é a guía de recomendacións de lecturas para estas datas que fai o Equipo de Biblioteca do CEIP Emilia Pardo Bazán. Todas estas obras están presentes e  á vosa disposición na Biblioteca do centro.

Están estruturadas pola competencia lectora e seleccionando obras de narrativa, poesía, banda deseñada e libros de carácter informativo.
Agardamos que vos axuden e que gocedes coa lectura destas obras.



As guías acompañarán aos traballos dos nenos/as o venres, pero tédela aquí en formato dixital por se a perdedes. Se vos apetece gostaríanos coñecer se algún deles vos gustou especialmente trala súa lectura, tamén se non vos gustaron, podedes facelo a través dos comentarios.
Lembrade que o "O nadal é máxico para ler".

Ningún comentario:

Publicar un comentario