Desde a nosa biblioteca quixemos celebralo con todo o centro realizando a actividade de "A amizade nun libro", na que alumnado dos últimos cursos de Educación Primaria compartiron lecturas co alumnado de Educación Infantil e dos dous primeiros cursos de Educación Primaria.
Ao mesmo tempo saíron as mochilas viaxeiras de 5ºEP que durante todo o curso estarán recorrendo as casas do alumnado e na que tamén se compartirán lecturas, neste caso en familia. O contido das mochilas, ademais do caderno viaxeiro no que se poderá expresar a experiencia de diversos xeitos, vai un libro de Emilia Pardo Bazán, un libro de narrativa, outro de poesía, un cómic, un libro en inglés e unha obra con receitas que cociñar e degustar en familia.
Que mellor modo de celebrar o Día das bibliotecas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario