venres, 9 de outubro de 2026

CONCURSO DE MICRORRELATOS 2026


 Chega o xa típico concurso de microrrelatos. Animádevos a participar:

QUEN PODE PARTICPAR? Poden participar o alumnado, as familias, o profesorado e o persoal non docente (toda a comunidade educativa). 

PRAZO DE PARTICIPACIÓN: ata o 15 de outubro 

COMO PARTICIPAR? 

Adultos: enviar dixitalmente o microrrelato por mail a: bibliotecaepb@gmail.com

Alumnado: a través das titorías, na aula. 

REQUISITOS: 

- Ten que levar título 

-Extensión de 150 palabras máximo (sen incluir o título) - Excepto Infantil que se valorará ilustracións.

-Frase que debe incluir o microrrelato e non pode ser o título: Como piloto na tormenta, busca o faro que lle guía ao porto - extraído do poema de Rosalía de Castro "Tan sólo dudas y terrores siendo de "Las orillas del Sar". 

As bases do concurso van publicadas no seguinte enlace: pincha aquí para ver as bases.

Unha vez finalizado o prazo e avaliados os microrrelatos recibidos, a comisión de avaliación de Biblioteca elixirá os microrrelatos gañadores e finalistas. Estes serán publicados nas nosas redes sociais e farase a entrega de premios no colexio. 

IDEAS A BROTAR, LÁPICES A ESCRIBIR!

xoves, 8 de outubro de 2026

A BIBLIOTECA EPB XA ESTÁ ABERTA!!!


Pois si, o pasado luns 5 de outubro abrimos as portas da nosa biblioteca. Aquí vos deixamos un pequeno recopilatorio fotográfico dalgúns momentos que se viviron estes días na biblio. 

Imos a por outro curso cheo de experencias, anécdotas, investigacións, lecturas e lecturas compartidas.

sábado, 3 de outubro de 2026

BOOKWORMS: "Ma" and "Pa" Baker

Are you ready for a new adventure? This school year we are taking "The Lighthouse Way", a challenging trail from our readings to some beacons all over the world. We are accompanied by a seagull, who will be our guide along the way, and we will take a pink sea with us as a protective charm, which will bring us back home safe and sound, to finish in the magnificent Tower of Hercules.

In our first session, we started in the Pharos of Alexandria (Egypt), a legendary lighthouse built over 2,000 years ago and one of the seven wonders of the old world. After researching its legend, we will try to find his lost treasure through our readings. And the first one is "Halloween horror" by Gina BD Clemen, a story related to the Witch trials of 1692 in Salem (Massachusetts - USA). In this trip, we visited "Ma" and "Pa" Baker lighthouse, home of  2 terrifying legends. We also prepared an interactive image with our research and we got our first gem: a saphire!

You can see a photo album of our trip, our interactive image and you can follow our itinerary on this map.

And don´t miss the video that Lilí, or favourite librarian by far, prepared for this session. She is waiting for us in the library with lots of resources about this topic. Thank you so much, Lilí!

Happy readings!




CLUB DE FICCIÓN DIXITAL 🎮

 CLUB DE FICCIÓN DIXITAL 🎮 

O pasado martes tivo lugar a primeira sesión do Club de Ficción Dixital. 

Comezamos falando de tipos de videoxogos, opinamos sobre os gráficos, a narrativa que hai no xogo, as estratexias a utilizar e o obxectivo a conseguir. 

Xogamos, que para iso é o Club. Compartimos pensamentos e axudámonos. 


martes, 22 de setembro de 2026

ANIVERSARIO DE EMILIA PARDO BAZÁN


O pasado 16 de setembro celebramos o aniversario de Emilia Pardo Bazán. 

O alumnado escribiu unhas palabras de agarimo e felicitación para ela. E tamén se emitiron pola megafonía do colexio unhas palabras que lle dedicaron a Emilia cando os entrevistamos na radio. 


Foi un día especial. Como todos os 16 de setembro no noso colexio. 

martes, 15 de setembro de 2026

VÉN FORMAR PARTE DO EQUIPO DE VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS DA BIBLIOTECA EPB !


Queres formar parte do equipo de voluntarios/as da biblioteca EPB este curso? Se eres de 6ºEP podes anotarte neste enlace cubrindo o formulario online que aparecerá cando pinches nel. 

Hai prazas limitadas. No caso de ser seleccionado/a, alguén do equipo de biblioteca cho comunicará no colexio. 

Podes anotarte ata o 21 de setembro de 2026 ás 20:00. 

Benvidos e benvidas ao equipo! 

luns, 14 de setembro de 2026

OFERTA CLUBS DE LECTURA 2026-22027


Neste novo curso, os Clubs de Lectura ofertados son os seguintes: 


Como novidade,  este curso ofértase un Club de Lectura para 3ºEP co obxectivo de mellorar a competencia e a comprensión lectora do alumnado. Este club chámase "CONTOS Á BEIRA DO MAR". Terá lugar o 2º mércores de cada mes. Para máis información, podedes pinchar aquí. 

Preinscrición  ao Club de Lectura  "CONTOS Á BEIRA DO MAR" 3ºEP

COMPLETO



Para 4ºEP o Club de Lectura ofertado é o de PAPALIBROS. Narrativa en galego e castelán. A súa periodicidade será o 2º martes de cada mes. Para máis información sobre este club, podedes pinchar aquí. 

                       Preinscrición  ao Club de Lectura  "PAPALIBROS" 4ºEP



Seguimos coa oferta dos Clubs para 5ºEP. Neste caso hai varias opcións: 

Opción VIAXEIROS POR PAPEL. Narrativa en galego e castelán. Club de Lectura que terá lugar todos os primeiros mércores de mes. Para máis información sobre este club, podedes pinchar aquí. 

                Preinscrición  ao Club de Lectura "VIAXEIROS POR PAPEL" 5º EP

COMPLETO 


Opción ENRE2 EPB. Club de Ficción Dixital (videoxogos) no que o alumnado aprende a analizar a narrativa que hai detrás de videoxogos de calidade, tendo en conta a historia que se conta no xogo, as estratexias a levar a cabo, o obxectivo a conseguir. Así o alumnado emite un xuízo crítico e participa nun debate entre compañeiros e compañeiras. Este club terá lugar o último martes de cada mes. Para máis información, podedes pinchar aquí. 

Preinscrición ao Club de Ficción Dixital "ENRE2 EPB" 5ºEP



Opción FALAMOS CON TIRAS CÓMICAS. Actividade baseada no diálogo, que terá como tema este curso a banda deseñada (cómic). Terá lugar o último martes de cada mes. Para máis información, podedes pinchar aquí. 

          Preinscrición á actividade "FALAMOS CON TIRAS CÓMICAS" 5ºEP


E por último, ofértanse dous Clubs de Lectura para 6ºEP: 

Opción en galego e castelán: Club de Lectura BOLBORETAS LECTORAS que terá lugar o primeiro xoves de mes. Para máis información, podedes pinchar aquí. 

Preinscrición ao Club de Lectura "BOLBORETAS LECTORAS" 6ºEP


Opción en inglés: Club de Lectura BOOKWORMS que terá lugar o primeiro venres de cada mes. Para máis información, podedes pinchar aquí. 

Preinscrición ao Club de Lectura en inglés "BOOKWORMS" 6ºEP

COMPLETO


Recordade que o feito de inscribirse nesta web non confirma a participación aos Clubs de Lectura. Unha vez recibidas as preinscricións, os participantes seleccionados recibirán o díptico informativo do Club no que foi aceptado a modo de formalización de matrícula e deberá vir cumplimentado e asinado pola familia. 

Animádevos a participar!

domingo, 13 de setembro de 2026

VOLTA AO COLE DO CURSO 2026-2027

 👋🏾 VOLVEMOS 👋🏾 

O primeiro día de curso demos a benvida á nosa cativada con xogos de lóxico-matemática, xadrez, contos para ler e pensamento computacional (robótica), entre outras actividades. 

Foi un día de volta ao cole moi divertido. 

Mentres, seguimos traballando para poñer a nosa Biblioteca a punto para comezar o novo curso.

martes, 30 de xuño de 2026

GUÍA DE LECTURAS E XOGOS DE FICCIÓN DIXITAL DE VERÁN

 Aquí vos deixamos a guía de lectura de verán na que poderes atopar obras en castelán, galego e inglés en canto ás lecturas e xogos de ficción dixital para descargar en PC, Android ou IOS.

Desfrutade moito das vacacións, pero non vos esquezades de viaxar e de soñar a través de novas historias e aventuras. 


Grazas ás bibliotecas municipais da Coruña e en concreto á dos Rosales por colaborar con nós facilitándonos unhas recomendacións cheas de calidade moi ben seleccionadas para a nosa cativada. Poderedes emprestar os libros amosados na guía na biblitoeca dos Rosales xa que estarán dispoñíbles nun espazo diferenzado na súa biblioteca.

Vémonos á volta, en setembro!

mércores, 24 de xuño de 2026

LEÓNS DOURADOS 2026


E faltaba ensinarvos os gañadores e gañadores dos premios xa coñecidos "Leóns dourados" do Emilia. Son uns agasallos para aquel alumnado máis lector e lectora de cada curso. 

Neste caso, tivemos 7 gañadores xa que no curso de 4ºEP houbo un empate e tivemos dous leóns dourados. 

Queremos agradecer á libraría "Clunia" por colaborar con nós na realización dos vales agasallos. 

Os premiados poderán acudir á libraría e mercar un libro ou xogo educativo por un valor de 20€ e a maiores, levaron a dona Emilia dourada realizada na impresora 3D do colexio.

Noraboa, lectores e lectoras!

AGASALLOS E DIPLOMAS EQUIPO VOLUNTARIOS/AS DA BE


O pasado 17 de xuño tivo lugar no noso colexio a entrega de agasallos e diplomas ao noso equipo de voluntarios e voluntarias da BE de 5ºEP e 6ºEP. 


Agradecemos profundmente a labor que desempeñan na xestión do funcionamento da biblioteca, nas actividades de dinamización da biblioteca e tamén nas propostas voluntarias nas que participan. 


Agardamos ter a mesma sorte para o vindeiro curso de contar con alumnado tan implicado e responsable no desempeño das súas funcións. 

FEIRA DAS MARABILLAS - PDI "VIVIR NA CORUÑA"

 E por fin podemos compartir con vós un vídeo recopilatorio da xornada de convivenza que tivo lugar o pasado martes 16 de xuño no colexio. 

Para rematar o noso PDI deste curso "Vivir na Coruña" organizamos unha feira expositiva dos produtos que o alumnado elaborou durante o curso relacionados co proxecto. 

Quixemos insipirarnos na tradicional feira medival coruñesa que ten lugar todos os anos na cidade vella da cidade no verán. 

Nós chamámoslle "Feira das marabillas coruñesas". Acudiron todo o alumnado e profesorado, así como as familias. 


Desfrutamos moito dese día, puxemos en valor todo o que o alumnado investigou e elaborou durante o curso e tamén tivemos tempo para xogar a distintos xogos elaborados polo propio alumnado con material de reciclaxe.


Queremos agradecer a todas as persoas que fixeron posible que esta proposta pensada hai tempo, saíra adiante a todas as persoas que puideron vir aompañarnos. Para aqueles e aquelas que non puideron vivilo con nós, vos deixamos un vídeo para que tamén poidades ser partícipes. 


E agora sí, pechamos o noso PDI 2025-2026, pensando xa nas ideas para o vindeiro curso. 



martes, 23 de xuño de 2026

ÚLTIMA ENTREVISTA DO CURSO

 Queremos deixarvos por aquí unha entrevista que se fixo ao profesorado do Emilia, de sorpresa. De aí a naturalidade dalgunhas respostas. 

Eran os derradeiros días e desde o equipo da biblioteca EPB quixemos chegar a todo o profesorado e membros da comunidade educativa que cada día aportan o seu gran de area no cole. Esperamos cumprir esta espectativa para o curso que vén. 

Nesta entrevista faise unha mención especial ao alumnado de 6ºEP que marcha e deixa a súa andaina no Emilia para continuala no Instituto. Moita sorte, rapaces e rapazas. Vinde sempre a onde fochedes felices, vinde vernos ao Emilia. 

PILAR NOS CONTA COUSAS SOBRE O BARRIO DOS ROSALES

O pasado luns 15 de xuño a nosa veciña Pilar visitou o grupo de 4ºC para contarlles como era o barrio vai 70 anos. 

O que máis lles chamou a atención foi que era unha pequena aldea con casiñas de pedra e as súas lareiras e cuadras para os animais. Tiñan que recoller a auga na fonte con sellas e para pasar á cidade a vender tiñan que pagar un "fialato". 

E a que non sabedes que o noso cole era unha canteira? Para chamar por teléfono ían ao Bar La Parra e tamén recibían os recados alí pero tamén sabían novas grazas ás campás da igrexa. 

Pilar dixo que agora estaba contenta no barrio porque tiña moitas cousas: centro médico, colexios, comercios... pero que votaba en falta a colaboración entre veciños e veciñas porque se coñecían todos e a aos alumnos e alumnas de 4º o que máis lles gustou foi imaxinar os xogos en tanto espazo como tiñan.

O grupo de 4ºC agradécelle a Pilar a súa visita  xa que reviviron con ela aquela época na que comezaba todo no barrio dos Rosales.


Aquí vos deixamos un pequeno vídeo. 



OS ROMANOS PASARON POLA CORUÑA 3ºC

 Este curso o alumnado de 3ºC buscou información sobre o paso dos romanos na Coruña. Descubriron monumentos que construiron eles e viron algúns restos que aínda quedaron. 

Aprenderon sobre a cultura da época romana, como vestían, a que xogaban, que alimentos comían e que territorios conquistabaron. 

Aquí vos deixamos, por un lado, un vídeo dos mosaicos romanos que elaborou o grupo para expoñer na Feira das Marabillas, e por outro lado, a entrevista de radio que gravamos. 



xoves, 18 de xuño de 2026

10 anos do "Xardín de Juanita"

Publicamos o programa de radio xa moi arraigado na nosa emisora Emilia na Onda. Esta sección do programa leva xa un percorrido longo xa que está de aniversario porque cumpre 10 anos. O alumnado de Educación Infantil convértese en pequenos e pequenas xardiñeiros/as e aprenden sobre os procesos de plantación e crecemento das plantas e dos seus conviventes os bechos. 

Aquí podedes oír a entrevista:


EMILIA NA ONDA CON LUISA, PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DOS ROSALES

 Fai unhas semanas tivemos a visita de Luisa, a presidenta da asociación de veciños do barrio dos Rosales. O alumnado de 4ºC fíxolle unha entrevista no estudo de radio. Contounos que facían desde a asociación polo barrio e como comezaron. Tamén nos falou das festas do barrio e de actividades que organizan para a rapazada. E así pechaba este curso o alumnado a súa andaina e busca de información sobre a cidade da Coruña, contido relacionado co noso PDI "Vivir na Coruña".

Aquí vos deixamos a entrevista para que a poidades escoitar. 

Grazas, Luisa pola túa visita e ata pronto!

luns, 8 de xuño de 2026

PECHE DA BIBLIOTECA CURSO 2025-2026 - ENQUISA FAMILIAS

 

Boas, familias. Chegando ao final de curso, gustaríanos saber desde o equipo de biblioteca como valorades os espazos da nosa biblioteca EPB. 


E para iso, vos deixamos unha pequena enquisa, que agradadeceríamos moito que responderades. 

Sempre estamos dispostos a mellorar e a contar con vós e coas vosas aportacións para levar o mundo da lectura, da busca de información, da escritura e das vivenzas onde os vosos pequenos e pequenas para ofrecerlles os mellores espazos de biblioteca. Os mellores espazos que eles mesmos elixen por seren os seus lugares de confianza, refuxio e lugar seguro, así como o sitio onde len, aprenden, interactúan, xogan e conviven. 


Pincha aquí para responder á enquisa.

Ata o próximo ano, familias! 

XOSÉ. A. TOURIÑÁN EN EMILIA NA ONDA!!!


 Pois si, estás lendo ben. Visitounos o humorista, actor e veciño da Coruña: XOSÉ. A. TOURIÑÁN!!!

Foi un día moi emocionante, polo cal levábamos agardando moito tempo. E saiu a pedir de boca. A verdade é que se nota que Xosé se dedica a isto da comunicación. E temos que dicir que o noso alumnado de 2ºEP fíxolle unha entrevista moi á altura.

Non podemos estar máis contentos/as no Emilia con esta visita. 

Aquí vos deixamos un vídeo para que sempre o poidamos recordar. Pero, como dixo Xosé que estivera moi cómodo, igual volvía...

E tamén a entrevista na radio que estivo moi entretida e divertida! ESCOITADEA, estes nenos e nenas parece que van á radio todos os días! AQUÍ TE ESPERAMOS, TOURI!

VISITAS DAS FAMILIAS CONTACTONTOS - LENDAS A CORUÑA

Pola semana do libro invitamos ás familias a vir contar un conto, contar algo sobre as súas experiencias na cidade da Coruña, falar dalgunha lenda coruñesa... e as aulas e a biblioteca enchéronse de persoas con moitas historias que contar.

Foron momentos inesquecíbles que as crianzas puideron vivir coas súas mamás, papás ou familiares. E estes momentos ás veces irrepetibles, son os que quedan. Por iso desde a biblioteca do Emilia queremos animar ás familias a que participen e agradecemos a todas as que fixeron posible esta actividad, que tivo unha moi boa acollida. 

Grazas, familias por compartir con nós!