Iniciamos a última fase do concurso no que estamos a investigar e aprender sobre o mundo cine a través deste concurso "Luces, cámara...pregunta!", dentro do Proxecto Documental Integrado "Un cole de cine". Neste mes de maio adicado ás Letras Galegas achegarémonos a autores/as homenaxeados/as e a súa relación co cinema. Estades preparadas/os!
Este concurso da biblioteca está dirixido ao alumnado de Educación Primaria, para poder participar haberá que recoller a folla de respostas nos espazos da biblioteca.
A forma de participar dependerá no curso no que esteades, así:
- O alumnado de 1º e 2º terá que ordenar os nomes e apelidos dos escritores/as homenaxeados/as.
- O alumnado de 3º e 4º terá que ordenar os nomes e apelidos e o ano que estes escritores/as foron homenaxeados/as.
- O alumnado de 5º e 6º terá que ordenar nomes e apelidos, o ano que estes escritores/as foron homenaxeados/as, o título dunha das súas obras e unha obra audiovisual relacionada con eles/as.
As follas de respostas con faltas de ortografía quedarán eliminadas.
O prazo para participar neste concurso será ata o venres 30 de maio.
Cada alumno/a entregará a folla de respostas na caixa de suxestións da biblioteca, comprobando que todos os datos estean cubertos (non se admitirán follas de participación sen o nome, primeiro apelido, curso e grupo).
O alumnado que completou as respostas correctamente levará agasallo da biblioteca feito coa impresora 3D.
A información e pistas poderán atoparse no corredor de entrada do colexio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario