Este concurso da biblioteca está dirixido ao alumnado de Educación Primaria, para poder participara haberá que recoller a folla de respostas nos espazos da biblioteca.
A forma de participar dependerá no curso no que esteades, así:
Recoller a folla de respostas na biblioteca ou biblioLab.
O alumnado de 1º e 2º terá que ordenar os nomes dos Festivais de cine.
O alumnado de 3º e 4º terá que ordenar os nomes dos Festivais de cine e a cidade e país no que se celebran.
O alumnado de 5º e 6º terá que ordenar nomes dos Festivais de cine, a cidade e país no que se celebran e o nome de cada premio.
O prazo para participar neste concurso será ata o venres 28 de febreiro.
Cada alumno/a entregará a folla de respostas na caixa de suxestións da biblioteca, comprobando que todos os datos estean cubertos (non se admitirán follas de participación sen o nome, primeiro apelido, curso e grupo).
O alumnado que completou as respostas correctamente levará agasallo da biblioteca feito coa impresora 3D.
A información poderá atoparse no corredor de entrada do colexio.
No mes de xaneiro estivemos investigando sobre diversos profesionais do cine, os agasallos xa os entregamos a pasada semana, estas son as respostas correctas:
Grazas por participar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario