Durante este mes Vanessa, Yvonne, Laura e Anais fixeron un Taller de palmas para alumnado de 4°-5°-6° EP no que ademais de aprender a técnica correcta de dar palmas tambén aprenderon algunhas cancións, prazas esgotadas!
O primeiro que fixeron foi plantear a actividade ao equipo de biblioteca. A continuación crearon o cartel de promoción da actividade no que indicaron os aspectos necesarios, despois foron ás aulas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria a distribuir as copias do cartel e a explicar en que consistiría a actividade e animar ao resto do alumnado a participar.
Os días da sesión prepararon as actividades e cancións que realizarían e fixéronnas cos que acudiron. Como o nivel de destreza era variado fixeron varios grupos segundo a súa evolución na técnica.
Xa veredes que ben o fan e que ben o pasan!
Grazas pola iniciativa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario