O próximo 16 de outubro celebraremos o Día das escritoras. Por este motivo, antes de que abramos o próximo luns 2 de outubro, queremos convidarvos a que participedes nesta edición do concurso de escritura creativa de microrrelatos. Nesta entrada tedes as bases de participación, que está aberta a toda a comunidade educativa. O texto deberá incluír a frase dunha obra de Emilia Pardo Bazán, nesta edición "...despois de merendar baixo uns castiñeiros remendados..." (Fragmento tirado do conto “So tierra”).
Recibiranse as obras ata o 6 de outubro. A partires do 16 de outubro poderán anunciarse as mencións para cada categoría e a publicación de todas as obras que cumpran as bases neste blog.
A continuación deixamos as bases para que as poidades consultar:
Agardamos todas as vosas obras!
Ningún comentario:
Publicar un comentario