mércores, 27 de abril de 2022

Radio na Biblio

Durante o pasado trimestre o equipo de Laboratorio de radio estivo a traballar co alumnado e profesorado dos cursos de 5º e 6º de Educación Primaria na elaboración de cadanseu programa de radio, grazas tamén á colaboración de Axuda en Acción. Atoparedes teatro, relatos, entrevistas, monográficos, ata concursos nestas pezas que xa están dispoñibles na canle de Emilia na Onda, nas que trataron de achegar aspectos relacionados co mar, o medio ambiente e a ecoloxía aos oíntes da nosa radio, pero que tamén lles serviu para traballar en equipo, desenvolver contidos do currículo das diversas área, procurar información, analizala, transmitila, pero sobre todo para gozar facendo radio desde o colexio. Grazas a todas as persoas convidadas que colaboraron no desenvolvemento destas pezas e parabéns para o alumnado, profesorado e equipo de Laboratorio de radio.

O alumnado de 5ºA escribiu unhas pequenas obras de teatro radiofónico que teñen ao mar como escenario:


O alumnado de 5ºB realizou un Informativo medioambiental con varias entrevistas e información moi interesante:


O alumnado de 5ºC entrevistou á bióloga Atocha Ramos:

O alumnado de 6ºA realizou dúas entrevistas a Brendan James, traballador da marca de roupa Ecoalf, que recicla lixo recollido no mar para elaborar as súas prendas, e a Alexis Rivera, biólogo de WWF.

O alumnado de 6ºB entrevistou aos enxeñeiros de montes Ánxela e Lois, que ademais son pais de alumnado do centro e no que aprendrenderemos sobre o medio ambiente:



O alumnado de 6ºC centrouse no Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia, no que atoparedes moita información e na que tamén entrevistan a Iria López Barros (Albufeiras de salitre) e a Sara Fraga Pérez:

O alumnado de 6ºD elaborou unha serie de relatos nos que haberá mar, pero nos que tamén viaxaredes a París:

Que gocedes da radio!

7 comentarios:

  1. Fenómeno!!! Bravo pola iniciativa!!

    ResponderEliminar
  2. Parabéns polo esforzo, a iniciativa, o interese e o traballo en equipo. É un enorme privilexio contar con este recurso e coa iniciativa de mestres/as e outros profesionais dispostos a dinamizar e a motivar ao alumnado. Orgullo de cole!!!

    ResponderEliminar
  3. Que marabilla!!! Parabéns polo esforzo!!! Orgullo de cole!!

    ResponderEliminar
  4. Muy pero que muy interesantes todos los podcasts. Enhorabuena a todos por vuestro interés y magnífico trabajo, empezando por el profesorado y acabando por los alumnos. ¡Esperamos ansiosos los del curso que viene!

    ResponderEliminar