sábado, 16 de xaneiro de 2021

La guerra de Catherine

A biblioteca retoma as actividades habituais logo das vacacións. O club de lectura "Viaxeiros por papel" comezou o mércores unha nova lectura, trátase de "La guerra de Catherine", o cómic de Julia Billet e Claire Fauvel da editorial Astronave e que foi premiado no 2018 como Mellor Cómic Xuvenil do Festival de Angoulême. Nas proximas sesións do club os nenos/as acompañarán a Rachel na súa viaxe desde A Casa dos nenos de Sèvres.

Nesta primeira sesión acudiron desde a B.M. Los Rosales as bibliotecarias Marta e Lorena para introducir a obra e a lectura dos cómics.



Pola súa banda o club de 5º de E.P. está a piques de rematar a lectura de "La lección de August", nas próximas semanas comezarán a seguinte obra.



Ningún comentario:

Publicar un comentario