Xa fixemos entrega dos recursos solicitados ás aulas que participaron no concurso e responderon correctamente ás preguntas que se plantearon na pasada semana. Publicamos as preguntas desta segunda edición do concurso. Lembrade contrastar a información en varias fontes e confirmala, aínda que os recursos seleccionados están xa validados pola súa rigorosidade sempre pode haber algún erro.
As respostas ás cuestións que tiñades que investigar eran:
1. En que rúa da Coruña naceu Emilia Pardo Bazán?
Esta pregunta podiades atopala na liña do tempo do corredor do colexio. Houbo algún curso que se equivocou ao pensar que a casa na que viviu a súa infancia, e onde se atopa agora a Casa-Museo, era o lugar do seu nacemento. Emilia Pardo Bazán naceu o 16 de setembro na Rúa Rego de auga (A Coruña).
2. O ano no que naceu Jaime, o primeiro fillo de Emilia Pardo Bazán, foi o...
No ano 1976, nace o primeiro dos tres fillos que terá a escritora.
3. Cal era o nome da nai de Emilia Pardo Bazán?
Amalia de la Rúa-Figueroa y Somoza foi a nai de Emilia.
4. En cal destas facetas non destacou Emilia Pardo Bazán?
Como ben sabedes Emilia destacou en distintos ámbitos, pero non se dedicou á medicina, polo que a resposta correcta era médica.
5. Emilia Pardo Bazán tiña algunha irmá ou irmán?
Emilia foi filla única non tivo nin irmáns nin irmás.
Imos agora a polas preguntas desta semana, que terán unha parte adicada á I Guerra Mundial, que analizou en moitos dos seus artigos a escritora coruñesa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario