mércores, 18 de xuño de 2025

Leóns Dourados 2025

Como xa é tradicional desde hai moitos anos a biblioteca entregou hoxe o Diploma "Leóns Dourados", xunto a outros agasallos, ao alumnado de cada nivel que levou emprestados máis libros durante o curso. Así, alumnado que vai cada semana co seu titor/a a escoller os libros de ficción e non ficción nos espazos da biblioteca e que tamén acude nos recreos para levar para as súas casas os seus libros preferidos e outros que agardan ser descubertos, foi sumando préstamos ao longo do curso.

Parabéns a todas as nenas/os premiados e moitas grazas ao alumnado e profesorado do centro por manter viva a nosa biblioteca!

luns, 16 de xuño de 2025

Os nosos pensamentos en luces led

DIÁLOGOS FILOSÓFICOS é unha actividade extraescolar mensual na que o alumnado de Educación Primaria dialoga entre si, compartindo e argumentando os seus puntos de vista sobre a vida que lles e nos rodea.

Como di Irene de Puig, quen foi ata a súa xubilación directora do GrupIREF (Grupo de Innovación e Investigación polo Ensino da Filosofía), non se trata de que logren convencer aos seus compañeiros e compañeiras para que copien o seu estilo de vida, pero tampouco é un simple falar por falar. Este diálogo supón facer o esforzo necesario para que outras persoas poidan comprender, con claridade e consistencia, o que de verdade pensan.

mércores, 4 de xuño de 2025

Exposición incompleta: unha Instalación artística na Biblioteca Municipal de Los Rosales

A colaboración bibliotecaria é esencial no desenvolvemento das crianzas, así, seguindo as sinerxias establecidas xa hai anos entre ambas bibliotecas, o alumnado de 6ºB de Educación Primaria deixou na Biblioteca Municipal de Los Rosales unha EXPOSICIÓN INCOMPLETA. Así foi o proceso:

luns, 2 de xuño de 2025

Avaliación do curso

O pasado venres a biblioteca pechou as súas portas para prepararnos para a apertura no próximo curso. Como parte do proceso continuo de mellora gustaríanos coñecer a vosa opinión sobre distintos aspectos e valoración tanto do traballo do equipo de biblioteca como dos servizos que se propuxeron desde a biblioteca durante este curso

Pedímosvos uns minutos do voso tempo para que contestedes ás preguntas do formulario e nos axudedes a mellorar para próximos cursos.