No mes de marzo seguimos investigando e aprendendo sobre o mundo cine a través do concurso "Luces, cámara...pregunta!", dentro do Proxecto Documental Integrado "Un cole de cine". Neste mes coñeceremos a mulleres que están relacionadas co cinema, resaltando o papel da muller no seu desenvolvemento.
Este concurso da biblioteca está dirixido ao alumnado de Educación Primaria, para poder participar haberá que recoller a folla de respostas nos espazos da biblioteca.
A forma de participar dependerá no curso no que esteades, así:
O alumnado de 1º e 2º terá que ordenar o nome e apelido das mulleres presentadas.
O alumnado de 3º e 4º terá que ordenar o nome e apelido, as profesións e lugar de nacemento de cada unha das mulleres.
O alumnado de 5º e 6º terá que ordenar o nome e apelido, as profesións, lugar de nacemento e algunha das películas nas que participou cada unha das mulleres.
O nome e apelido das mulleres e as películas nas que participaron están no corredor de entrada coa exposición de libros do proxecto.
O prazo para participar neste concurso será ata o venres 28 de marzo.
Cada alumno/a entregará a folla de respostas na caixa de suxestións da biblioteca, comprobando que todos os datos estean cubertos (non se admitirán follas de participación sen o nome, primeiro apelido, curso e grupo).
O alumnado que completou as respostas correctamente levará un agasallo da biblioteca feito coa impresora 3D.
A información poderá atoparse no corredor de entrada do colexio.
No mes de febreiro estivemos investigando sobre diversos festivais doecine, os agasallos xa os entregamos a pasada semana, estas son as respostas correctas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario