martes, 23 de febreiro de 2021

Paseando con Emilia pola Historia

Emilia Pardo Bazán viviu 70 anos, desde o ano 1851 ata a súa morte en 1921, nos que presenciou e foi testemuña de innumerables acontecementos que tiveron gran transcendencia na historia de Galicia, España e o mundo. Por este motivo, consideramos que debiamos facer un paseo pola Historia nestes anos, formando parte da investigación do proxecto e deixando unhas pingas de información sobre estas páxinas da historia.
Comezamos con esta proposta coincidindo co Día da Paz, no que convidabamos aos cursos a que procurasen información sobre a terrible Gran Guerra, que aconteceu entre os anos 1914 e 1918. Os nenos/as de 1ºA de E.P. recolleron a testemuña e elaboraron unha serie de vídeos nos que nos explican algúns datos da I Guerra Mundial, pero tamén con información, que foron apañando a través do concurso no que están a participar de forma moi activa, sobre o nacemento, morte e infancia de Emilia Pardo Bazán.


Nesta entrada tedes a liña do tempo virtual que elaborou o equipo de biblioteca para que toda a comunidade educativa vaia accedendo ao traballo desenvolvido polo alumnado, pero no corredor de entrada do propio centro temos a liña do tempo accesible a todo o profesorado e alumnado, enriquecida cos vídeos a través de realidade aumentada.

 Agardamos que esta liña vaia enchéndose co voso traballo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario