luns, 12 de novembro de 2018

Libros que veñen e van

Hoxe saíron as mochilas de 5º de E.P., ao tempo que volvían as de Educación Infantil. Varios nenos/as gozarán da lectura dos libros que contén cada unha das mochilas. Queremos que compartan as experiencias da lectura en familia do contido, por iso tamén están acompañados dun caderno no que se recollerán as opinións, debuxos ou calquera comentario que vos apeteza comunicar.
Nesta primeira viaxe as dúas mochilas de cada curso estarán nas casas dos nenos/as durante dez días, por iso é importante que se cumpran as datas de devolución para que todos poidades dispor dos mesmos días de estancia nas vosas casas.
Que vos parece esta actividade?

Ningún comentario:

Publicar un comentario