luns, 16 de setembro de 2024

Apertura de inscrición aos Clubs de lectura

Este curso seguimos desenvolvendo actividades relacionadas coa lectura en horario extraescolar polas tardes.

Presentámosvos os diferentes Clubs de Lectura e Diálogo aos que poderedes inscribirvos. A continuación tedes toda a información de cada unha destas actividades organizadas dependendo o curso no que esteades este ano.

Esta preinscrición deberá confirmarse coa entrega do formulario de inscrición que vos  entregará a mestra mediadora dos respectivos clubs. Esta entrada actualizarase periodicamente para informar dos clubs que esgotaron xa as súas prazas.

Aniversario de Emilia Pardo Bazán

A pasada semana retomas as clases, o mércores participamos da festa de benvida con diferentes postos para a lectura e para gozar aprendendo cos robots e coas pezas de construción.

Hoxe celebramos o aniversario de Emilia Pardo Bazán cunha homenaxe decorando unhas máscaras que inclúen unha biografía da autora que dá nome ao noso colexio. Nesta entrada publicaremos as imaxes nas que todo o centro lle cantará o Feliz aniversario! e tamén leremos a biografía lucindo as nosas máscaras. Lembrámosvos que podedes aprender sobre Emilia Pardo Bazán no PDI "Paseando con Emilia".