venres, 31 de xaneiro de 2025

ENRE2 nas Xornadas de Biblioteca Creativa

Este próximo mércores presentaremos dentro da Xornada de biblioteca creativa 2025 a experiencia de creación e desenvolvemento do Club de videoxogos ENRE2 EPB que botamos a andar no curso pasado. Aproveitamos para lembrar que ontes comezamos a xogar a Gorogoa e no que o alumnado tivo a oportunidade de pensar xuntos no significado das imaxes que se ían presentando ao longo do xogo e tamén nos mecanismos de xogo que se presentan nesta obra de Buried Signal, na que a banda sonora está composta por Joel Corelizt e publicado por Annapurna.

xoves, 30 de xaneiro de 2025

Semana da paz

A biblioteca sumouse á celebración do  Día Escolar da Non violencia e a Paz, no que, ademais das diversas propostas que xurdiron desde o EACE e EDLG, quixemos presentar na entrada da biblioteca una selección de libros de ficción e non ficción relacionados co tema, que tamén tedes á vosa disposición no catálogo, e facendo fotografías de símbolos da paz que fixo o alumnado de Educación Primaria na biblioteca. Ademais acompañaron as imaxes con palabras o frases relacionadas co tema.

luns, 13 de xaneiro de 2025

Luces, cámara...pregunta!

Neste ano continuamos co concurso "Luces, cámara...pregunta!" no que, dentro do Proxecto Documental Integrado "Un cole de cine", estamos a aprender sobre diferentes cuestións sobre o cinema. Neste mes veremos a algunhas persoas que, desde a súa profesión, contribuíron ao desenvolvemento do cinema. Nesta ocasión teredes que ordenar e emparellar as imaxes de cada persoa co seu nome, profesión e película relacionada.

domingo, 12 de xaneiro de 2025

A YEAR OF FILMS: Epic films

Time for epic stories: myths and legends have always been a timeless source of entertainment  both for books and films.  Since the time of silent films, we have met many corageous heroes and witnessed their heroicities. One of the most legendary actors of silent movies was sir Charles Chaplin, a passionate for epic films. In our latest session, we followed him into the 2 most fascinating British legends of all times: "Robin Hood" and "King Arthur and the sword in the stone". And we also made the most of this chance to know more about silent films.