domingo, 6 de febreiro de 2022

Peixes que nadan na biblioLab

No mes de febreiro os nenos/as de 3º de EP acudirán aos VenreXperimentos que se realizan na biblioLab. Nesta ocasión realizarán o experimento no que se descubre o que é a tensión superficial a través de facer que un peixe nade na cubeta de auga preparada. A tensión superficial consiste en que os líquidos forman na superficie unha membrana elástica, unha especie de "pel". Con este experimento romperemos esta membrana e provocará que o noso peixe comece a nadar.
Na natureza temos insectos que aproveitan a tensión superficial, como os zapateiros que poden pousarse e camiñar sobre a auga.

Fixádevos neste vídeo no que podemos ver un robot, imitando ao zapateiro, aproveitando a tensión superficial da auga.

 

Tamén deixamos un vídeo coa experiencia do curso pasado.



Ningún comentario:

Publicar un comentario