luns, 29 de outubro de 2018

Obradoiro de encadernación

Fonte: AFEXDI
O vindeiro mércores 31 de Outubro os alumnos/as de 6º curso de E.P. participarán nunha actividade de ENCADERNACIÓN na Biblioteca.
Esta actividade está organizada en colaboración cos membros da asociación AFEXDI de Santiago

martes, 23 de outubro de 2018

Mochilas viaxeiras en Educación Infantil

Xa están preparadas para saír as mochilas viaxeiras para os nenos/as de 6º de E.I. A primeira viaxe iniciarase o venres e durante o fin de semana os seus fogares acollerán diversos contos que poderán compartir coa súa familia.

luns, 22 de outubro de 2018

Inscricións para os Diálogos Filosóficos na biblioteca

Primeiro agradecervos a gran acollida da actividade entre todos vós, pero debido a gran demanda de prazas tivemos que organizar todas as solicitudes en tres sesións. Temos programadas dúas sesións de Diálogos Filosóficos na Biblioteca, a primeira desenvolverase o 6 de novembro e a segunda o 20 de decembro, ambas en horario de 16:15 a 17:00h. A terceira sesión está pendente de data.

martes, 16 de outubro de 2018

Diálogos filosóficos


A apertura da biblioteca está próxima e queremos ir empezando a desvelar algunhas das actividades que iremos desenvolvendo durante o curso. Neste caso presentamos os Diálogos Filosóficos, no que se tratará de desenvolver a capacidade dos nenos/as para pensar por si mesmos/as, a converterse en persoas máis razoables e cidadáns máis participativos/as, moi lonxe da irracionalidade, fanatismo ou superstición.

A nosa imaxe

Como podedes ver na parte superior deste blog a biblioteca ten unha nova imaxe. Trátase dunha obra creada por Paula Canedo e que resultou gañadora do concurso dos Leóns Dourados do curso pasado. Gustounos tanto que a adoptamos como un dos nosos símbolos que dotará á biblioteca de identidade propia.