luns, 14 de febreiro de 2022

Imos atrás no tempo!

Achegámonos á orixe dos océanos hai millóns de anos, como xurdiu a vida, iremos percorrendo ata chegar á Idade Antiga ata un mar que tivo e ten grande actividade comercial. Hai diversas hipóteses sobre a creación dos océanos, podedes investigar e tratar de coñecelas.

Estas eran as preguntas da semana pasada:

1. A expedición do doutor Balmis que vacina pretendía levar a América?

Esta foi a expedición que partiu da Coruña para levar a vacina da varíola a América.

2. A expedición Balmis tivo como primeira etapa da viaxe A Coruña...?

A primeira parada que realizaron foi en Santa Cruz de Tenerife.

3. O doutor inglés, Edward Jenner, extraeu unha variante da enfermidade dun animal que conseguía inmunizar aos humanos, de que animal se trata?

Conseguiu utilizar o virus da varíola da vaca, máis leve que o humano, para conseguir inmunizar á poboación.

4. Despois de América a onde se dirixiu a expedición de Balmis?

Tras a chegada a América a expedición dividiuse en dous, despois o doutor Balmis dirixiuse a Filipinas.

5. Como imaxinas que sería esa viaxe se foses nela?

Imaxino que vou con medo sentado ao lado dunha nena orfa.
Para min sería unha viaxe chea de emocións e aventuras e ao mesmo tempo con moito medo porque é unha viaxe perigosa.
Tamén me resultaría moi longa e tamén imaxino que podería ser divertida.
Sobre todo tería moito moito medo.
Decisiva na historia da Medicina.
Chea de obstáculos, incomodidades e inconvenientes.
Probablemente houbo momentos de tensión entre a tripulación.
Psicoloxicamente, terían que soportar moita presión.
As condicións da embarcación e do tempo condicionarían esta viaxe.
Solidaria.
Triste polo aillamento e a distancia con respecto ás súas familias.
Sería espantosa.

Estas son as preguntas desta semana:


Ningún comentario:

Publicar un comentario