A pasada semana publicáronse as bases do concurso na web do centro para a elaboración dun logotipo para o colexio, como unha das primeiras actividades que queremos desenvolver enmarcada no PDI Paseando con Emilia, a través do cal queremos resaltar o valor da escritora galega.
Como ben sabedes, o noso centro non ten imaxe ou logotipo que o identifique, por este motivo promóvese un concurso de ideas entre o alumnado para seleccionar un logotipo que sirva para identificarnos.