venres, 29 de novembro de 2019

Shakespeare for us

Resultado de imagen de shakespeare for kidsHello again my dear Bookworms,
Shakespeare was one of the most famous writers of all times. We cannot  forget him in our Book Club and that is why our last session was about him. The 6th year group read and performed one of his most famous plays "The tempest". The 5th year group attended to a storytelling about "Romeo and Juliet". It was fantastic!!! Take a look at the photos and you´ll see. Just click on the book you are reading to see the pics.
Please remember to fill in the survey below once you have read the book. Thank you!


xoves, 28 de novembro de 2019

Obradoiros "Sabor e saber"

Photo by Marc Szeglat on Unsplash
Neste mes comezamos na BiblioLab unha serie de obradoiros nos que estamos relacionar os alimentos con outros aspectos como a ciencia, a investigación ou a arte.
Estanse a desenvolver catro experiencias:
- O volcán ácedo
- Alimentos con enerxía
- Legoalimentos
- Alimentos de papel
Nesta entrada presentamos o desenvolvemento do Volcán ácedo. Tamén aproveitamos para anunciar que en próximas semanas compartiremos esta experiencia con outro centro educativo da contorna a través de videoconferencia.

sábado, 23 de novembro de 2019

VenreXperimentos

Seguimos celebrando os VenreXperimentos na biblioLab. O pasado venres 15 e mércores 20 os nenos/as puideron montar os escornabots que nos proporcionou o programa biblioteca creativa e que sairán o próximo luns nas mochilas semanais de Educación Infantil.
O venres 22 experimentamos co magnetismo en diferentes zonas con actividades como diferenciar os obxectos que atrae un imán dos que non, a potencia de diversos imáns, crear un compás...

xoves, 21 de novembro de 2019

A nosa radio: concurso de ideas

Durante o presente curso escolar (2019-2020) vaise pór en marcha a emisora de radio do noso Centro. O proxecto navega xa a toda velocidade. Están de camiño os equipamentos necesarios e pronto comezarán as obras para construír un estudio de gravación ben completo.
Sen embargo, fáltanos algo fundamental: a nosa radio aínda non ten nome, nin tampouco ten unha imaxe (un logo) que a fagan recoñecible. E para conseguilos é preciso a colaboración de todos.
Queres colaborar? Pois isto é o que tes que facer:

1.- Pensa nun nome para a nosa radio. Intenta que non sexa moi longo e que teña relación co noso cole.
 
2.- Pensa, tamén, nun debuxo (ese será o logo) que ilustre o nome que inventaches. Podes empregar un máximo de tres cores diferentes.
 
3.- Escribe ambas as creacións (nome e logo) nun papel de tamaño A4 e entrégallo ao teu titor ou titora. 
O prazo de entrega dos traballos remata o 5 de decembro.

O xurado do concurso estará integrado por profesores e alumnos do centro. O fallo farase público 17 de decembro.
O traballo gañador será premiado cun libro ou un álbum ilustrado.

Contémplase a posibilidade de que haxa dous traballos gañadores: un como mellor nome e outro como mellor logo.
As licenzas das imaxes e nomes propostos serán CC BY-NC-SA
Anímate e participa na posta en marcha do proxecto Radio na biblio!

mércores, 13 de novembro de 2019

Cross Dices

Vía Cayro
Os voluntarios/as de biblioteca Álex, Antía e Lía (5º E.P.) explican as normas de xogo de Cross Dices (Cayro), que podedes atopar na Biblioteca. Este xogo para máis de 7 anos e a partir de 2 xogadores/as favorece o desenvolvemento da atención, a linguaxe, o vocabulario e a competencia matemática.
Atentos/as que comeza!

martes, 12 de novembro de 2019

Libros que alimentan

A próxima semana comezaremos o concurso "Libros que alimentan" no que cada semana propoñeremos unha pregunta relacionada coa alimentación, a resposta terase que buscar nos libros relacionados co P.D.I. “Sabor e saber”, que están situados na exposición permanente na entrada e no interior da biblioteca. As respostas estarán nalgún dos libros desta exposición. Ademais da pregunta haberá algunha pista como poderá ser o título do libro, o teixo ou unha imaxe da cuberta.
Poderase participar de xeito individual, parellas, grupos de cinco ou aula. Os puntos compartiranse nos grupos, parellas e aula, sendo os mesmos que de xeito individual.
Se a resposta fose correcta sumarase un punto, se ademais se cita o libro correctamente (Autor/a / Título/ Editorial) sumarase un segundo punto.

sábado, 9 de novembro de 2019

Acendemos as luces

O xoves 7 de novembro, dentro das actividades de Novembro mes da ciencia en galego, desenvolveuse na BiblioLab a primeira xornada dos VenreXperimentos. Nesta ocasión puidemos xogar, aprender e descubrir sobre a electricidade.

luns, 4 de novembro de 2019

Ciencia en galego

Neste mes, seguindo a proposta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Políticas Culturais (Subdirección Xeral de Bibliotecas), da Consellería de Cultura, imos celebrar "Novembro mes da ciencia en galego", queremos promocionar desde a biblioteca todo o relacionado coa ciencia.  A científica Alicia Estévez Toranzo elaborou o manifesto deste curso.

Falamos sobre a alimentación

O pasado día 16 de outubro comezamos a desenvolver o proxecto documental integrado "Sabor e saber" a través do diálogo sobre tema do que imos aprender durante o curso. Nas aulas falaron sobre aquilo que sabían e o que querían saber sobre a alimentación desde diferentes perspectivas. Froito deste traballo obtivéronse estas dúas imaxes que recollen os coñecementos previos e que tamén nos mostran os intereses do alumnado respecto ás liñas de investigación que se seguirán.

Libros que viaxan

O pasado mércores saíron na súa primeira viaxe as mochilas de fin de semana de Educación Infantil. A selección de libros que se realizou para cada un dos grupos, que irán viaxando ás casas dos nenos/as, combina a narrativa, con libros para ler e libros para ver, libros con música, libros para entender o mundo que nos rodea e libros con sorpresa, tamén quixemos que houbese libros nos idiomas galego, castelán e inglés.