O próximo 16 de outubro celebraremos o Día das escritoras. Por este motivo, antes de que abramos o próximo luns 2 de outubro, queremos convidarvos a que participedes nesta edición do concurso de escritura creativa de microrrelatos. Nesta entrada tedes as bases de participación, que está aberta a toda a comunidade educativa. O texto deberá incluír a frase dunha obra de Emilia Pardo Bazán, nesta edición "...despois de merendar baixo uns castiñeiros remendados..." (Fragmento tirado do conto “So tierra”).
luns, 25 de setembro de 2023
xoves, 21 de setembro de 2023
Tédelos que coñecer!
Seguimos preparando a apertura da biblioteca o vindeiro luns 2 de outubro. Esta semana estivemos a preparar as caixas de "Tédelos que coñecer!" Estas recomendacións ,que realiza o equipo de biblioteca e que permanece nas aulas durante todo o trimestre ,xa están chegando ás clases. Nas caixas van lecturas de ficción e non ficción, axeitadas ás idades do alumnado de cada unha das clases, ademais inclúen fondos de lectura fácil e con pictogramas para os nenos/as que necesitan de lecturas adaptadas.
Esperamos que gocedes con estas lecturas!
Temas relacionados:
BiblioLab,
biblioteca,
lectura,
libros,
recomendacións
venres, 15 de setembro de 2023
Clubs de lectura e diálogos
Este curso seguimos desenvolvendo actividades relacionadas coa lectura en horario extraescolar polas tardes.
Presentámosvos os diferentes Clubs de Lectura e Diálogos Filosóficos aos que poderedes inscribirvos. A continuación tedes toda a información de cada unha destas actividades organizadas dependendo o curso no que esteades este ano.
Temas relacionados:
actividade,
BiblioLab,
biblioteca,
Bolboretas lectoras,
book club,
club de lectura,
diálogos filosóficos,
ficción dixital,
información,
inglés,
lectura,
Papalibros,
Viaxeiros por papel
mércores, 13 de setembro de 2023
Estamos de volta!
O pasado luns comezamos as clases, aínda que como xa sabedes necesitamos un tempo para organizar os espazos e recursos da biblioteca. Deste xeito a biblioteca non estará aberta ata o luns 2 de outubro. Non vos preocupedes mentres tanto, tedes as bibliotecas de aula con libros moi interesantes e pronto chegarán as caixas de Tédelos que coñecer! cunha variedade de libros que fará que estas semanas pasen máis rápido.
Nas próximas semanas comezaremos coa formacións de usuario dos grupos de voluntarios de biblioteca, do profesorado e das distintas aulas para que recordedes o funcionamento da biblioteca.
Temas relacionados:
actividade,
benvida,
BiblioLab,
biblioteca,
biblioteca creativa,
ciencia,
contos,
escornabot,
información,
lectura,
libros,
xogos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)