luns, 31 de xaneiro de 2022

Aprendemos sobre a migración no mar

Esta semana as preguntas do concurso tratarán de que investiguedes sobre algúns exploradores que fixeron descubrimentos ou realizaron proezas na época na que viviron. O que hoxe parécenos extraordinario, como persoas que van ao espazo, robots que chegan a Marte... son fitos similares aos que protagonizaron estes navegantes na súa época, hazañas que serviron para coñecer e descubrir o planeta

Onte celebrouse o Día da paz, esta semana temos unha serie de charlas para coñecer as consecuencias dos conflitos nas persoas que migran polo mar.

Estas eran as preguntas da semana pasada:

1. Cal destas  afirmacións é a definición de refuxiado?

Segundo a ONU a definición de refuxiado corresponde con "persoas que se atopan fóra do seu país por temor á persecución, ao conflito, á violencia xeralizada, ou outras circunstancias que perturben a orde pública."

2. Pese a restrición das viaxes no ano 2021 o informe da ONU alerta do incremento de migrantes e refuxiados. Ata novembro, canta persoas víronse na obriga de desprazarse?

Ata o mes de novembro de 2021 máis de 84 millóns de persoas víronse na obriga de desprazarse por diversos motivos.

3. O mar Mediterráneo é unha das vías para chegar a Europa, tamén das máis perigosas. Como se chama o espazo que se atopa entre Gran Bretaña e Francia, outro dos puntos negros para os migrantes?

A viaxe desde Francia a Gran Bretaña polo canal da Mancha, preto do estreito de Calais, é un dos puntos máis perigosos. Estímase que só en 2021 máis de 30000 persoas arriscaron as súas vidas nesta viaxe.

4. Hai algunhas ONG que se adican ao salvamento marítimo, cal é un dos obxectivos de Open Arms?

Segundo a propia web da ONG un dos obxectivos é "Protexer no mar a aquelas persoas que intentan chegar a Europa fuxindo de conflitos bélicos, persecución ou pobreza."

5. Que vos gustaría preguntarlle a unha persoa refuxiada?

Algunhas das preguntas que nos propuxestes son:

Pasou moita fame?
Ten familia?
Que tipo de dano sufriu?
Como lle podemos axudar?
Cal é o motivo polo que fuxiu do seu pais?
De que pais vén?
Tivo algún familiar loitando?
Como foi a travesia ata chegar a Europa?
Que se sente ao viaxar a outro país?
Como te sentiches no momento en que tiveches que abandonar o teu país?
Desprazácheste só ou coa túa familia?
Como foi esa viaxe: duración, organización, problemas cos que te atopaches...
Cal é o teu país de orixe e cal foi o motivo polo que tiveches que fuxir?
Como foi a túa chegada ao país que te recibiu e que tipo de axuda che proporcionaron?
Que sentimentos experimentaches ao chegar a un lugar extraño?
Que foi o que máis che sorprendeu do país que te acolleu?
Como ves o futuro?
Que lle pides ao futuro?

Trasladaremos algunhas delas ás persoas que virán ao centro durante estes días.
Moitas grazas por participar, estas son as preguntas desta semana:

Ningún comentario:

Publicar un comentario