martes, 31 de outubro de 2023

A amizade nun libro

A pasada semana, con motivo do Día da Biblioteca, realizamos o primeiro encontro de "A amizade nun libro", no que o alumnado de primaria acompañou ao alumnado de educación infantil compartindo a lectura dun libro. Libros diversos que mediaron entre alumnado diverso. Debido ás condicións metereolóxicas a actividade desenvolveuse nos edificios de Educación Infantil e Primaria.

luns, 23 de outubro de 2023

Paisaxes encantadas

Este curso desenvolverase no colexio o Proxecto Documental Integrado “Paisaxes encantadas”, no que investigaremos e aprenderemos sobre os bosques e montes de Galicia, aproveitando o tema tamén seguiremos achegándonos aos ODS2030. Xa está montada a exposición permanente no corredor de entrada ao centro coas obras relacionadas co tema e tamén os recursos seleccionados na web e que irán medrando ao longo do curso. Como comezo do proxectonas aulas apareceron estas caixas que contiñan un elemento natural e a pegada dun animal dos bosques e montes, que recibimos desde unha localización descoñecida xunto con este vídeo no que se nos pide axuda.

Concurso Día das Escritoras 2023



No mes de setembro presentamos o concurso de microrrelatos con motivo do Día das escritoras e que pechamos o 6 de outubro.

Nesta entrada tedes as obras seleccionadas para cada unha das categorías e a totalidade das obras presentadas ao concurso.

Lembrade que nesta lista de libros e xogos da biblioteca podedes seguir aprendendo e xogando coa escritura creativa.

Moitas grazas pola vosa participación!

domingo, 8 de outubro de 2023

BRITISH CONSUL RECEPTION

We are back! And we do it in style! The members of  BookLand and Bookworms are going to be GLOBETROTTERS this school year and travel to different English speaking countries. That´s why last Friday, the 6th of October, the British consul in A Coruña invited us to a reception. She gave a speech about the importance of reading and the possibility of visiting different places through it. Then, she provided us with the documents we will need for our trip and offered us a delicious afternoon tea with biscuits, chocolates, cupcakes... Finally she wished us a safe and happy journey. Now we are more than ready to travel the world. First place: Salem - Massachusstes - USA. Have you got your boarding pass?

                      


martes, 3 de outubro de 2023

3º Premio Nacional aos Clubs de Lectura

Parabéns a todas as mediadoras e participantes nos Clubs de Lectura do centro por gañar, por segundo ano consecutivo, o terceiro dos Premios aos Clubs de Lectura escolares 2022-2023.

Este programa inicia a súa andaina esta semana co comezo dos clubs Viaxeiros por papel, Bolboretas Lectoras, BookLand e BookWorms. A próxima semana comezará nos recreos dos mércores o club PapaLibros.

Grazas e parabéns para todas/os!