Como xa sabedes, na Terra a maior parte da súa superficie está ocupada por auga, esta organízase, entre outras, en mares e océanos. Esta semana deberedes procurar nos recursos dixitais sobre "xeografía" que tedes no repositorio e tamén nos libros que tedes na exposición para poder responder ás preguntas que se propoñen.
luns, 28 de marzo de 2022
Mares e océanos
sábado, 26 de marzo de 2022
BOOK CLUBS: Radio programme 2
venres, 25 de marzo de 2022
BOOKWORMS CLUB: "Arthur and the sword in the stone"
mércores, 23 de marzo de 2022
Episodio 2 de Onda Ti
Publicamos o segundo episodio da terceira tempora do programa Onda Ti, no que recollemos as gravacións dos nenos/as das diferentes etapas e cursos do CEIP Emilia Pardo Bazán. Este programa, que comezou no confinamento, quere ser unha recompilación do traballo que desenvolve o alumnado no estudio de Emilia na Onda. Como en anteriores ocasións a próxima semana cada sección estará publicada no respectivo programa da canle en Ivoox.
martes, 22 de marzo de 2022
Volcán submariño
Mañá comezan os VenreXperimentos de marzo, neste mes irá á biblioLab o alumnado dos grupos de 4º de Educación Primaria. Nesta ocasión veremos como inflúe a temperatura da auga na súa densidade, para comprobalo realizaremos un experimento no que reproduciremos un volcán submariño.
luns, 21 de marzo de 2022
O mar e a mitoloxía
En todas as culturas xurdiron ao redor do mar lendas e seres mitolóxicos que xustificaban naufraxios, raptos ou outro tipo de acontecementos. Esta semana teredes que procurar información sobre seres mitolóxicos relacionados co mar.
venres, 18 de marzo de 2022
Chegou Koha!
Nestes últimos meses estivemos preparando a migración a un novo programa de xestión de fondos. Como xa veredes na columna da dereita aparece un novo logotipo, que substitúe ao do antigo programa Meiga. Desde o punto de vista de usuario haberá poucos cambios, un deles será a substitución, xa en marcha, dos carnés, agardamos que nas próximas semanas estean listos, e outro é o cambio da plataforma na que se procuraban os fondos.
mércores, 16 de marzo de 2022
Biblioteca e familia
Presentamos un ciclo de actividades de promoción da lectura dirixido ás familias do centro dentro do programa de "Lectura e familia" ano que este centro foi incluído. Estas actividades desenvolveranse nos espazos da biblioteca. Estas son as actividades confirmadas ata o momento, no caso de que houbese algunha outra programada anunciariamola coa debida antelación para facilitar a súa asistencia.
O próximo 31 de marzo teremos con nós a Cristina Novoa. A través de "Sobre lectura e crianzas. Claves e recursos" permitirá "estimular o gusto pola mediación lectora entre adultos responsables de nenas ou nenos, no contexto familiar, con aproveitamento dos recursos que o medio máis próximo facilita, como a propia biblioteca escolar, entre outros. Actividade dirixida a nais ou pais, avoas ou avós da comunidade educativa, con crianzas de infantil ou primaria, interesados no fenómeno da lectura e no seu papel de formadores dos pequenos lectores e lectoras."
luns, 14 de marzo de 2022
O mar e a tecnoloxía
Os faros foron unha solución, que aparece hai moitos anos, para tratar de aumentar a seguridade no mar, para comunicarse a grandes distancias, controlar o paso dos barcos nalgúns lugares, como torres de viaxiancia... aínda que tamén é certo que nalgunha ocasión foron usados como estratexias para facer naufragar barcos. Ao longo do mundo hai diversos tipos de faros que foron evolucionando tanto na ubicación, na tecnoloxía usada, como no tipo de construción. Esta semana vois animamos a que aprendades máis sobre os faros procurando a información necesaria para respomder ás preguntas do concurso.
luns, 7 de marzo de 2022
Semana da Muller e o mar
Mañá 8M celébrase o Día da muller, para unirnos a esta visibilización do papel da muller na sociedade teremos con nós esta semana a tres mulleres profesionais que teñen vinculación co mar. Na entrada da biblioteca xa tedes a exposición con libros de ficción e non ficción na que as mulleres e nenas son as protagonistas.
O EACE montou un mural no corredor de entrada ao centro que...
Recordade que o ODS número 5 reclama a "Igualdade de xénero", unha igualdade real en todos os ámbitos da sociedade e na que haxa unha igualdade de oportunidades.
A muller e o mar
Retomamos o concurso logo do entroido cunha semana na que celebramos o Día da muller. Para responder ás preguntas desta semana teredes que procurar nos libros que hai na exposición e nos recursos Mergúllate! para atopar a estas mulleres que desafiaron leis e loitaron polos seus dereitos, neste caso no ámbito marítimo.
sábado, 5 de marzo de 2022
BOOKLAND CLUB: "The secret of the stones"
xoves, 3 de marzo de 2022
Dous poemas ao día
O próximo 21 de de marzo celebrarase o Día da poesía, pero queremos promocionar este xénero entre o profesorado e alumnado durante todo o mes, así, hoxe comezamos coa iniciativa de "Dous poemas ao día". No momento de entrada ao centro unha mestra/e ou adulto da comunidade educativa do centro soará pola megafonía recitando un poema da súa elección, "Poesía para comezar o día". A intención é que se fale deste poema e que se utilice para algunha actividade dentro da aula.
Na saída tamén soará un poema, "Poesía para rematar o día", neste caso recitado por alumnado voluntario da biblioteca escolar.
Hoxe comezamos coas dúas primeiras propostas por parte da mestra de Educación Infantil Mar e polo voluntario da aula de 6ºD Martín. Na nosa canle de iVoox de "Emilia na onda" iremos publicando os audios de cada xornada.