Esta semana celébrase o día do nacemento de Rosalía de Castro, poeta galega que trasnformou as palabras en fermosas poesías. Queremos saber se coñecedes algunhas das palabras relacionadas co ámbito mariño. Tamén teredes que facer como Rosalía e escribir un poema que inclúa dúas das palabras que se propoñen nas preguntas.
Estas eran as preguntas da semana pasada:
1. Os océanos creáronse hai máis de 4600 millóns de anos, despois dunha chuvia de meteoritos, como se chama ao eón no que sucedeu?
A este período chamouse Hadeano ou Eón Hádico.
2. Entre 540 e 490 millóns de anos atrás a vida acuática evoluciona, cal destes seres vivos poderiamos atopar nesa época?
Das propostas os seres vivos que poderías atopar eran as Trilobitas.
3. Como se chama a criatura mariña xigante que devora todo o que hai diante dos seus dentes e que ten que respirar na superficie no Cretácico?
O mosasaurio foi un animal xa extinguido que viviu en Europa, América e a Antártida. Vivía preto da superficie dos oceános e se alimentaba doutros animais.
4. Os fenicios e os gregos, tamén os romanos, utilizaron o mar Mediterráneo para establecer relacións comerciais con outros pobos. Como chamaban os romanos ao mar Mediterráneo?
Os romanos denominaron na súa época imperial a este mar como Mare Nostrum (Nostrum Mare).5. Inventa o nome dun animal mariño dos primeiros que habitaron os océanos e descríbeo.
Estas son algunhas das vosas ideas:
Metadecolasaurio: Os primeiros exemplares son do Cretácico. É un animal mariño mutante coa cola partida en dúas metades. Pode chegar a medir ata dous metros de lonxitude. É de cor azul con matices morados, alaranxados e verdosos. A súa cola presenta un deseño de manchas coa combinación das cores mencionadas.A súa pel é suave e carece de escamas. Na súa cabeza distinguimos dous inmensos ollos, un de cor azul e outro de cor vermella. Habita nas profundidades do Océano Atlántico podendo soportar a presión de ata 2.300 metros de profundidade. En relación a súa alimentación, hai que dicir que se trata dunha especie carnívora, que detecta as súas presas a máis de dez km de distancia, grazas ao seu poderoso olfacto. Entre as súas preferencias atópanse: os íberos comúns, as ratugas verdes, o apou lindo, o peixe xaltaldil e os ovos de retámelos. A súa mandíbula ben desenvolvida e os seus poderosos dentes de ata cincuenta centímetros, permítenlle alimentarse de outros moitos animais de grandes dimensións.
Melamin era unha epecie de réptil xigante do Cretácico que cando che mordía che inoculaba melatonina e te durmía. Despois podía devorarte.
Melatroposaurus
Este animal xa extinto era un réptil. Era moi grande de cor verde, carnívoro alimentabase sobre todo de quenllas. Tiña a pel cunhas escamas moi finas, case núa. Tamén contaba con dúas aletas dianteiras e dúas traseiras ademais dunha gran cola. Vivía en escosistemas de augas salgadas con quenllas.
Estas son as preguntas desta semana:
Ningún comentario:
Publicar un comentario