Mañá venres o alumnado de 6º de EP terá un encontro na BiblioLab con Rogelio Santos Queiruga, mariñeiro preocupado polo coidado e preservación da fauna mariña. Contaralles as súas experiencias no mar e falará de como podemos contribuír no coidado do medio mariño.Vía Quincemil (Fonte Instagram)
O alumnado de 5ºC faralle unha entrevista, que levan preparando unhas semanas, no estudio de radio de Emilia na Onda.
Que mellor forma para traballar o ODS14 que cun pescador da nosa contorna!
Deixámosvos co perfil de Rogelio na rede social Instagram e con este pequeno vídeo emitido en RTVE, para que poidades descubrir quen é Rogelio.
https://www.instagram.com/rogeliosantosqueiruga/
https://www.rtve.es/play/videos/aqui-la-tierra/rogelio-santos-pescador-activista-redes-sociales/5941849/
Desexando escoitar a Rogelio!
Ningún comentario:
Publicar un comentario