xoves, 21 de decembro de 2023

Onda Ti nas ondas

Iniciamos unha nova temporada de Onda Ti, e xa imos pola quinta! Neste programa, no que publicamos moitos dos produtos radiofónicos que imos producindo durante o trimestre no estudio de Emilia na Onda, atoparemos seccións tradicionais desde hai un lustro e que continuamos coas vosas voces.

Tardes na biblioteca

Neste mes foron finalizando e comezando lecturas diversas os diferentes clubs de lectura que se desenvolven na biblioteca.

Os viaxeiros por papel lerán unha nova versión poética do conto de Carapuchiña vermella co libro "La noche de la visita". Os BookClub visitaron Londres, mentres Papalibros rematou o cómic de "El árbol que crecía en mi pared" e as Bolboretas Lectoras comezaron "La guerra de Catherine".

Pola súa parte, o alumnado participante en ENRE2 EPB rematou o xogo de Botánicula e no mes de xaneiro comezaremos cunha nova obra.

En diálogos filosóficos continuaron coa construción dunha nova mirada a través das súas conversas.

Nestas presentacións poderedes ver algunhas imaxes dos encontros.

mércores, 20 de decembro de 2023

Venres de decembro

O venres da semana pasada rematamos os experimentos deste mes, nos que o alumnado de 4ºEP investigou sobre a electricidade e os circuítos na actividade da postal luminosa, coa que nestas datas agasallarán a alguén. Na columna da esquerda tedes as instrucións de todos os VenreXperimentos que realizamos ata agora, por se os queredes replicalos nas vosas casas.

Mirade como iluminan estas postais...

Historias para descubrir os bosques

Presentamos a guía de lectura do mes de decembro, na que propoñemos libros que consideramos interesantes pola súa calidade e por estar relacionados co PDI "Paisaxes encantadas", lembrade que tedes a selección de obras do proxecto na páxina web que acolle o noso catálogo. Atoparedes obras para todos os niveis de lectura, de ficción e de non ficción. Lembrade que están clasificados igual que na biblioteca, os de fondo azul son para prelectores, vermello para primeiros lectores, verde para lectores autónomos e amarelo para lectores expertos. Incluímos tamén obras de ficción dixital que nos parece interesante que sexan coñecidas

martes, 5 de decembro de 2023

Visita de Rosa Aneiros

O pasado venres Viaxeiros por papel recibiu a visita de Rosa Aneiros!!! A autora de "Catro plumas de dinosauro" contou como se lle ocurriu a historia e moitas cousas máis no encontro que tivo co alumnado de 4ºEP participante no club de lectura. Moitas grazas!!!!

sábado, 2 de decembro de 2023

GLOBETROTTERS: London

The Globetrotters continue our tour through some English speaking countries! Our latest destination was the Christmassy London, in the UK. December is the best time of the year to visit this fascinating city, full of magic. After the check-in at the airport and a 2-hour trip, very entertaining thanks to the reading of "The little match girl"(HC Andersen) and "A Christmas carol" (Charles Dickens), we arrived in London and the adventure began. We didn´t know where to start, there was so much to see... Thanks to the guide book we borrowed from the library, we organised our visit and we had time to:

venres, 1 de decembro de 2023

Postais en decembro

Finalizado "Novembro mes da ciencia en galego", a semana pasada tamén remataron as experiencias coa luz, pero esta semana xa comeza unha nova xornada dos VenreXperimentos, coa elaboración das postais de Nadal iluminadas cun led alimentado por unha batería grazas a un circuíto eléctrico. Nesta ocasión pasarán os cursos de 4º de EP pola BiblioLab para aprender sobre electricidade e para felicitar as festas a aquelas persoas que desexen.