domingo, 31 de xaneiro de 2021

Concurso semana 2

Xa fixemos entrega dos recursos solicitados ás aulas que participaron no concurso e responderon correctamente ás preguntas que se plantearon na pasada semana. Publicamos as preguntas desta segunda edición do concurso. Lembrade contrastar a información en varias fontes e confirmala, aínda que os recursos seleccionados están xa validados pola súa rigorosidade sempre pode haber algún erro.

As respostas ás cuestións que tiñades que investigar eran:

VenreXperimentos en febreiro

Esta semana comezan os VenreXperimentos de febreiro dirixidos ao alumnado de 2º de E.P. Nesta ocasión veremos en que consiste a "tensión superficial" mediante o experimento do peixe nadador. A actividade desenvolverase na biblioLab co seguinte calendario:

Venres 5 de febreiro 2ºA

Mércores 10 de febreiro 2ºB

Xoves 18 de febreiro 2ºC

Lembranos que de cada curso poderán asistir a estas sesión 10 alumnos/as.

sábado, 30 de xaneiro de 2021

BOOKWORMS CLUB: "Tusk, tusk"

 

The last meeting of our Bookworms club was a bit curious, I must say: it was full of hippies!!! Yes! Hippies! Do you remember the Flower Children? Kids with flowers in their hair and colourful clothes, making the V-sign with their fingers and singing peace songs?  That´s what we were for a day: we had the chance to talk about Peace Day and to read a moving tale of tolerance and respect: "Tusk, tusk", by the famous British illustrator David McKee. We also learned about the hippie movement of the 60s and 70s, and about the acceptance of what is different. Take a look...

Peace, love and happy reading!!!

xoves, 28 de xaneiro de 2021

"Detesto a violencia..."

O próximo sábado 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non violencia e a Paz. Neste compromiso do mundo educativo cos valores que rexeitan todo tipo de violencia e as guerras. Por isto solicitamos desde o noso espazo educativo o abandono das armas e a utilización do diálogo como estratexia para a solución dos conflitos e das diferencias que poidan xurdir entre as persoas. Nestes momentos de pandemia que estamos a vivir cremos que é máis necesario que nunca un firme compromiso da humanidade a prol do final da violencia, que favorece a desigualdade e incrementa o desamparo dos máis febles.

Mañá celebraremos e reivindicaremos no colexio todos estes valores, dentro das posibilidades que nos deixan estes momentos tan duros, pero agardamos ser capaces de que o alumnado comparta e difunda as palabras que Emilia Pardo Bazán escribía con motivo da I Guerra Mundial: "Destesto a violencia (...), porque a solución de toda contenda confíase á forza".

domingo, 24 de xaneiro de 2021

Concurso "Paseando con Emilia"

Esta semana comeza o concurso de procura de información encadrado no PDI "Paseando con Emilia". Cada semana proporanse varias preguntas relacionadas con Emilia Pardo Bazán e tamén coa época na que viviu. As repostas poderedes atopalas na selección de recursos dixitais elaborada polo equipo de biblioteca ou noutros recursos que tedes na rede, lembrade seguir as estratexias desta infografía para obter información fiable, tamén podedes atopar as respostas nos libros que temos na biblioteca ou noutras obras que consideredes útiles.

sábado, 16 de xaneiro de 2021

La guerra de Catherine

A biblioteca retoma as actividades habituais logo das vacacións. O club de lectura "Viaxeiros por papel" comezou o mércores unha nova lectura, trátase de "La guerra de Catherine", o cómic de Julia Billet e Claire Fauvel da editorial Astronave e que foi premiado no 2018 como Mellor Cómic Xuvenil do Festival de Angoulême. Nas proximas sesións do club os nenos/as acompañarán a Rachel na súa viaxe desde A Casa dos nenos de Sèvres.