Remata a 5ª temporada de Onda Ti gravada no noso estudio de Emilia na Onda e nos espazos do colexio. Neste último programa do curso poderedes escoitar en primicia os audios das diversas seccións do programa. Preparados para desfrutar de máis 90' de radio?
venres, 21 de xuño de 2024
Onda Ti edición verán
Temas relacionados:
BiblioLab,
biblioteca creativa,
entrevista,
escritura,
lectura,
PDI Paisaxes encantadas,
radio,
teatro,
voluntarios
xoves, 20 de xuño de 2024
Compartimos coñecemento
Onte
pechamos o proxecto deste curso que adicamos a aprender e descubrir os
bosques e montes de Galicia. A intención era colocar e explicar os
carteis ao longo co camiño ao monte de San Pedro, pero debido á chuvia
tivemos que facelo no pavillón de Los Rosales. Estes son os carteis que
temos preparados coa información para que sexa descuberta polos
camiñantes ata o monte, no que poderán atopar especies de árbores
autóctonas, especies invasoras, flores, especies do bosque submarino,
ata como facer un herbario.
Temas relacionados:
actividade,
biblioteca,
PDI Paisaxes encantadas
A radio na biblio
Presentamos os podcast que realizou o alumnado e profesorado dos grupos de 5º de EP xunto co equipo de Laboratorio de radio, dentro do programa Radio na Biblio.
Este traballo coa radio como medio serviulle ao alumnado para desenvolver o traballo en equipo, diversos contidos do currículo das diferentes áreas, procurar información, analizala, transmitila, pero sobre todo para gozar facendo radio xuntos desde o colexio. Grazas a todas as persoas convidadas que colaboraron no desenvolvemento destas pezas e parabéns para o alumnado, profesorado e ao equipo de Laboratorio de radio.
Temas relacionados:
actividade,
BiblioLab,
entrevista,
PDI Paisaxes encantadas,
radio
mércores, 19 de xuño de 2024
Talleres coa luz negra
Presentamos os novos obradoiros para Educación Infantil coa luz negra e tamén o contacontos Círculo de Mac Barnett e Jon Klassen.
Temas relacionados:
actividade,
BiblioLab,
biblioteca creativa,
contos
Un verán entre as follas
O curso remata e queremos compartir
con vós algunhas recomendacións de lecturas para este verán, no que vos poderedes perder entre as follas dos libros baixo as follas das árbores dos nosos bosques e montes. Como en
anteriores ocasións están ordenadas por niveis de lectura, desde
prelectores ata lectores expertos. poderedes atopar diferentes xéneros
en diferentes idiomas, ademais, nesta edición incluímos as recomendacións dos nenos/as que acuden ao club de ficción dixital ENRE2 EPB . Agardamos que vos resulten interesantes!
Temas relacionados:
biblioteca,
ficción dixital,
guía,
lectura,
libros,
PDI Paisaxes encantadas,
videoxogos
venres, 14 de xuño de 2024
Encontro con Xurxo Souto
O pasado mércores 12 de xuño celebramos a última xornada de Lectura e familia coa actuación no centro de Xurxo Souto, na que compartiu moitas das súas historias da Coruña. Aproveitamos a ocasión para despedir o ano dos clubs de lectura do centro.
Temas relacionados:
actividade,
biblioteca,
book club,
club de lectura,
familia,
lectura
xoves, 13 de xuño de 2024
Leóns dourados
O mércores todo o centro puido felicitar ao alumnado que máis libros levou emprestados da biblioteca durante o curso. En cada nivel houbo un premio e recibiron un grande aplauso do resto de compañeiras/os.
Temas relacionados:
biblioteca,
lectura,
Leóns Dourados,
premios
venres, 7 de xuño de 2024
Filosofía lúdica na biblioteca: "Espellos poéticos dialogando"
Por que ofertamos, como actividades extraescolares, Diálogos Filosóficos? Sabemos que o diálogo, se se fai ben, axuda ao noso alumnado para aprender a pensar porque teñen que compartir as súas ideas, argumentalas e dar boas razóns sen pretender convencer. E fano xunto aos seus compañeiros/as, escoitándoos/as e aceptando que, aínda que pensen de forma distinta, poden ter razón.
Temas relacionados:
actividade,
arte,
biblioteca,
biblioteca creativa,
diálogos filosóficos,
escritura,
imaxe,
lectura,
poesía
luns, 3 de xuño de 2024
Queremos saber a vosa opinión
Tras o peche da biblioteca queremos coñecer a vosa opinión sobre distintos aspectos e valoración tanto do traballo do equipo de biblioteca como dos servizos que se propuxeron desde a biblioteca durante este curso
Pedímosvos uns minutos do voso tempo para que contestedes ás preguntas do formulario e nos axudedes a mellorar para próximos cursos.
Temas relacionados:
avaliación,
BiblioLab,
biblioteca,
familia
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)