luns, 23 de decembro de 2019

"A Christmas carol" survey

Resultado de imagen de merry xmas with books gif
Would you like to participate in a survey about the last book we have just read? You have 10 questions related to "A Christmas carol" by Charles Dickens. What is your opinion about it? Just click on the image and let me know... It´s quick and easy. Let´s go!!!

xoves, 19 de decembro de 2019

Libros con sabor a natureza


Esta é a guía de recomendacións de lecturas que elabora o Equipo de Biblioteca do CEIP Emilia Pardo Bazán para estas datas. Todas estas obras están no expositor diante da biblioteca, están á vosa disposición na Biblioteca do centro.
Están estruturadas pola competencia lectora e seleccionando obras de narrativa, poesía, banda deseñada e nesta edición escollemos a inclusión de xogos de mesa e aplicacións para dispositivos móbiles.

mércores, 18 de decembro de 2019

Primeira etapa do club de lectura

A pasada semana finalizou a lectura de "La lección de August" dentro do Club de lectura do centro e na que participan alumnos/as de 5º de E.P.
Foi unha experiencia satisfactoria para todos os participantes, que continuarán no seguinte trimestre cunha nova lectura que desvelaremos no mes de xaneiro.
Agradecemos a colaboración das Bibliotecas Municipais, especialmente á de Los Rosales, e a B.E. do IES Salvador de Madariaga por facilitarnos os exemplares necesarios para desenvolver a actividade.
Finalizamos o trimestre dando un agasallo conmemorativo da lectura deste libro.

Bota a andar "Emilia na onda"

Hoxe publicouse a resolución do concurso para escoller a imaxe e o nome da nosa emisora de radio, dentro do programa "Radio na biblio". A gañadora foi Martina de 4º de E.P. tanto no apartado do logotipo como no nome.
O xurado composto por mestras/es e alumnas/os escolleu o nome proposto de "Emilia na onda" e o logotipo que o acompañaba.
Así comeza a andaina da emisora de radio da biblioteca EPB no CEIP Emilia Pardo Bazán, dámoslle a benvida a EMILIA NA ONDA.

luns, 16 de decembro de 2019

Postal luminosa

O pasado venres nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P. realizaron unha postal para felicitar de nadal que incorporaba luces no seu deseño. Como houbo algunhas participantes que non remataron o venres, hoxe volveron a acudir á BiblioLab para acabar a súa felicitación. Este foi o último VenreXperimento de 2019, pero o novo ano traeranos novos venres de experimentos.

xoves, 12 de decembro de 2019

Story Cubes

Vía StoryCubes
As voluntarias da biblioteca Laura e Sara (5º E.P.) explican as normas de xogo de Story Cubes (Asmodée), que podedes atopar na Biblioteca. Este xogo para máis de 6 anos e a partir de 2 xogadores/as favorece o desenvolvemento da creatividade, a linguaxe, o vocabulario e a creación de historias. No vídeo explícase unha forma de xogar, pero vós podedes experimentar e descubrir outras formas e normas de xogo.
Atentos/as que comeza!

"The snowman" by Raymond Briggs

Resultado de imagen de the snowman raymond briggsThe reading of December for the year 5 bookworms will be a magical story by Raymond Briggs, "The snowman". Illustrated in full color, this is a wordless story. The pictures have "the hazy softness of air in snow." A little boy rushes out into the wintry day to build a snowman, which comes alive in his dreams that night. The boy invites him home and in return is taken on a flight high above the countryside.
Raymond Briggs is one of the most respectul artists in the Uk. Born in Winbledon-London in 1934, he has written many books such as the sequel "The snowman and the snowdog" and "Father Christmas".
Here is the link to the snowman´s website, with many surprises for you.
Happy Christmas my dear bookworms!!!


"A Christmas carol" by Charles Dickens

Our reading of December for the year 6 bookworms will be "A Christmas carol".
A Christmas carol is a novella written by Charles Dickens and first published in London in 1843. The story is about Ebenezer Scrooge, an old unfriendly mean  man who does not like Christmas at all. It takes place on the 24th of December, Christmas Eve, when everybody is busy getting ready for the Christmas celebrations, except Mr. Scrooge. That night, he will be visited by 3 different spirits: the Ghost of Christmas Past, the Ghost of Christmas Present and the Ghost of Christmas Future. They will take him to different places to teach him a lesson. 
Will Mr. Scrooge feel the spirit of Christmas? Will he see the generosity and love of human beings? Will he change after all? 
Here you have a link to a page with the audios of the story and some online activities.

You can also learn more about Dickens´ life watching this video. He is considered one of the most influent writers of all times.





Merry Christmas bookworms!!! 
Let the spirit of Christmas catches you!!!


mércores, 11 de decembro de 2019

Encontro coa BiblioBN

O pasado martes celebramos un Encontro virtual a través de videoconferencia coa E.E.I. Barrionovo na que os alumnos/as dun grupo 2º explicáronlle aos nenos/as de infantil da escola de Pastoriza un dos obradoiros que realizamos no mes de novembro, no que relacionabamos o P.D.I. Sabor e saber co mes da ciencia en galego. Tratouse da experiencia do "Volcán ácedo". Pola súa parte os nenos/as da escola de Arteixo ensináronnos como se pode ver a música.

Diálogos Hilomundos

A segunda sesión de diálogos Hilomundos (mércores 4 de decembro), comezou coa reflexión coa que Antía pechaba a anterior ... “Nació una niña con un hilo en las manos...” (Sátiro, A. (2018). La niña del hilo. Barcelona: Editorial Octaedro) ... “é un rollo, eu cortaríano”. Pero os seus compañeiros e compañeiras, viron unha similitude entre ese fío e a vida da nena: “sería longa” como a lonxitude da corda, “chea de xogos” porque é o que a nena fai, “con incomodidades por non poder facer sempre o que quere” representadas polos nós e “en movemento”.

sábado, 7 de decembro de 2019

The spirit of Christmas

Hello bookworms!!!
Next Friday, the 14th of December, we will hold our next meeting in the school library: at 16:00 for year 6 and at 17:00 for year 5.  
This month readings will be two wonderful stories related to Christmas. As you know, Christmas is the most magical time of the year, full of lights, trees, decorations, presents, mistletoe, candy canes...

martes, 3 de decembro de 2019

Vós contades: nutrición

Hoxe acudiu ao centro Carmen, nai de Javier (alumno de 6º de E.P.), para compartir cos alumnos/as de 5º e 6º de E.P. Unha xornada na que se desenvolveron distintos obradoiros relacionados cos alimentos e coa cociña  e que estivo estruturada en dúas sesións. Esta é a primeira xornada deste curso da edición de Vós contades! na que as familias acuden ao colexio para contar historias, realizar actividades, entre outras cos nenos/as do colexio.

luns, 2 de decembro de 2019

Experimento pegañento

O pasado venres celebramos o último VenreXperimento do mes de novembro e que pon broche final a Novembro mes da ciencia en galego. Nesta ocasión quixemos experimentar coas reaccións químicas e coa obtención de distintas cores.