Páxinas

xoves, 10 de febreiro de 2022

Encontro con Rogelio Santos Queiruga

Vía Quincemil (Fonte Instagram)
Mañá venres o alumnado de 6º de EP terá un encontro na BiblioLab con Rogelio Santos Queiruga, mariñeiro preocupado polo coidado e preservación da fauna mariña. Contaralles as súas experiencias no mar e falará de como podemos contribuír no coidado do medio mariño.

O alumnado de 5ºC faralle unha entrevista, que levan preparando unhas semanas, no estudio de radio de Emilia na Onda.

Que mellor forma para traballar o ODS14 que cun pescador da nosa contorna!

Deixámosvos co perfil de Rogelio na rede social Instagram e con este pequeno vídeo emitido en RTVE, para que poidades descubrir quen é Rogelio.

https://www.instagram.com/rogeliosantosqueiruga/

https://www.rtve.es/play/videos/aqui-la-tierra/rogelio-santos-pescador-activista-redes-sociales/5941849/

Desexando escoitar a Rogelio!

Ningún comentario:

Publicar un comentario