mércores, 19 de xuño de 2024

Un verán entre as follas

O curso remata e queremos compartir con vós algunhas recomendacións de lecturas para este verán, no que vos poderedes perder entre as follas dos libros baixo as follas das árbores dos nosos bosques e montes. Como en anteriores ocasións están ordenadas por niveis de lectura, desde prelectores ata lectores expertos. poderedes atopar diferentes xéneros en diferentes idiomas, ademais, nesta edición incluímos as recomendacións dos nenos/as que acuden ao club de ficción dixital ENRE2 EPB . Agardamos que vos resulten interesantes!

Tamén vos recomendamos que visitedes as recomendacións e actividades que se desenvolverán neste período nas Bibliotecas Municipais, seguro que descubriredes novas lecturas!


 

Os libros estarán á volta de vacacións expostos nos andeis do exterior da biblioteca, que teñades un bo verán e vivades moitas aventuras baixo o sol!

Ningún comentario:

Publicar un comentario