venres, 21 de xuño de 2024

Onda Ti edición verán

Remata a 5ª temporada de Onda Ti gravada no noso estudio de Emilia na Onda e nos espazos do colexio. Neste último programa do curso poderedes escoitar en primicia os audios das diversas seccións do programa. Preparados para desfrutar de máis 90' de radio?

Comezaremos coma sempre coa sección en inglés, trátase de "The book nook", nesta ocasión con unha visita ao bosque de Sherwood, a través de Robin Hood, de seguido presentaremos o traballo de Etwinning que desenvolveu durante o curso o alumnado de Educación Infantil no proxecto "Ondas dende o Atlántico", tamén escoitaremos un "Aquele mar" de João de Barros. Os nenos/as de 4ºEP seguiron investigando sobre herbas e as súas propiedades dentro do PDI Paisaxes encantadas, agora nos deixan algunha recomendación para o verán. Novas crónicas dos voluntarios da biblioteca na súa sección de "Voluntarios en acción", nas que nos achegamos a distintas realidades do colexio. A mestra Mar, xunto coa súa clase de 4º de EI, convídanos a visitar "El jardín de Juanita", nesta ocasión conta coa colaboración de Glòria Arbonès directora do GrupIREF. Escoitaremos todo o "Conto que vai e vén" realizado en colaboración co alumnado do IES Salvador de Madariaga, a que estades ansiosos por coñecer o final?

Recuperamos a entrevista que lle fixo o alumnado de 6º de EP a Antonio Sandoval. Seguimos con unha obra de ficción en forma de teatro lido que realizou o alumnado de 2ºC de Educación Primaria. Volve "Na onda dos libros", sección da Biblioteca Municipal de Los Rosales, que nos traen consellos para este verán. Para finalizar, o alumnado de 6º de EP enviaranos, como xa é tradicional, unha mensaxe de despedida en "Temos unha mensaxe de...".

Parabéns e grazas a todo o alumnado e profesorado que fixo posible esta nova temporada, volvemos o próximo curso!

Ningún comentario:

Publicar un comentario