Por que ofertamos, como actividades extraescolares, Diálogos Filosóficos? Sabemos que o diálogo, se se fai ben, axuda ao noso alumnado para aprender a pensar porque teñen que compartir as súas ideas, argumentalas e dar boas razóns sen pretender convencer. E fano xunto aos seus compañeiros/as, escoitándoos/as e aceptando que, aínda que pensen de forma distinta, poden ter razón.Nas sesións mensuais utilizamos recursos como xogos, literatura e arte, por iso comezaron observando unha manifestación artística, para despois crear un poema en grupo. Xogaron a cruzar espellos, o tema común en todas as obras, que son obxectos moi presentes na nosa vida cotiá:
“para lavarme la cara, cepillarme los dientes y peinarme; antes de salir de casa miro en el espejo mi reflejo, mi look, para saber si es perfecto. De pequeño te da igual, pero de mayor somos más conscientes y nos da un poco de vergüenza”.
Ademais, dos textos literarios, os poéticos son os menos coñecidos, por iso que se achegasen a eles para xogar, rir e gozar resultou moi interesante; tamén para suprimir moitos dos seus estereotipos iniciais: “un poema es un texto, no necesariamente con rima, que cuenta algo bien argumentado”. Tomaron como modelo a poetas que empregaban unha linguaxe próxima, que respondían a preguntas, que tiñan presente que os/as demais inflúen sobre nós e que a nosa identidade é moi valiosa; exactamente o que eles/as facían nas sesións.
E unha vez terminados os poemas, formáronos nun libro, para ler, reler e gozar co paso do tempo. Como no PDI deste curso, o tema da reciclaxe estivo moi presente para preservar os nosos bosques, seguimos o exemplo das editoriais cartoneras: https://innovarteinfantilesp.wordpress.com/2012/05/04/kartonlibros/
Ningún comentario:
Publicar un comentario