O curso remata e queremos compartir 
con vós algunhas recomendacións de lecturas para este verán, no que vos poderedes perder entre as follas dos libros baixo as follas das árbores dos nosos bosques e montes. Como en 
anteriores ocasións están ordenadas por niveis de lectura, desde 
prelectores ata lectores expertos. poderedes atopar diferentes xéneros 
en diferentes idiomas, ademais, nesta edición incluímos as recomendacións dos nenos/as que acuden ao club de ficción dixital ENRE2 EPB . Agardamos que vos resulten interesantes!
Tamén vos recomendamos que visitedes as recomendacións e actividades que se desenvolverán neste período nas Bibliotecas Municipais, seguro que descubriredes novas lecturas!
 
Os
 libros estarán á volta de vacacións expostos nos andeis do exterior da 
biblioteca, que teñades un bo verán e vivades moitas aventuras baixo o 
sol!
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario