Retomamos os VenreXperimentos neste mes de xaneiro coa experiencia para tomar conciencia da acidificación dos océanos, dos motivos polos que se produce, desde cando sufren este problema e as consecuencias sobre a vida.
Nesta actividade estamos a traballar os ODS4, ODS6, ODS7, ODS11, ODS12, ODS13 e ODS14.
No blog do Programa das Nacións Unidas para o desenvolvemento explícannos o que é a acidificación dos océanos, e a influencia da variación do pH do medio mariño.
Na páxina da Fundación Aquae explican as causas, entre as que se atopan principalmente as emisións de CO2, sobre todo cos combustibles fósiles (carbón petróleo e gas), así como as posibles consecuencias, como por exemplo a extinción de animais mariños.
No seguinte vídeo podedes acceder a máis información sobre a acidificación dos océanos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario